Ervedelo de Reza
Hoxe, once de setembro, hai xusto cinco anos que estiven por última vez en Ervedelo de Reza, na casa herdada pola miña nai dos meus avós. Fun comer alí despois dun xuízo en Ourense no que a miña nai era a miña cliente: demandábase a unha veciña e o seu marido polo despoxo do aproveitamento da auga dun manancial. E alí estaba xantando xunto aos meus pais e o meu cuñado cando nos sorprendeu na tele as nefastas novas provintes de Nova York.
Ao vender pouco despois os meus pais esa casa por mor das súas avanzadas idades convertiuse Ervedelo nun lugar na memoria, perdendo a súa categoría de realidade física na paisaxe da miña vida.
Ervedelo é unha pequena aldea ao carón do Seminario de Ourense, separados os dous montes por un pequeno regato. Lugar curioso: feo dende fora máis bonito dende dentro, porque dende alí, de día, vese unha espléndida imaxe de Ourense enteira e nas noites despexadas do estío pódense contar milleiros de estrelas. Os meus curmáns contáronme que o nome estaba xustificado, que na zona había érbedos - sen oso - onde agora hai acacias. Alí pasei varios veraos cando neno e alí namoreime por vez primeira: eu debía ter como dez anos, ela once: Mónica. Nena morena preciosa- iso parecíame a min-, cun toque a Ivonne de Carlo. Propietario o pai dun Dyane 6 - "para gente encantadora"- con tódolos números da matrícula pares. Era neta dos veciños: do Sr. Benjamín - de alcume o Virollo porque non vía do ollo que tiña cataratas - e da Sra. Carmen.
Cóntanme que agora Ervedelo está desfeito polas obras da Saída Centro da autovía das Rías Baixas. Que a casa dos meus avós, baixo o viaducto, foi derrubada. Supoño que será mellor non achegarse ao lugar, manter as vellas lembranzas.
Durante este verao volvín pensar a miúdo en Ervedelo a causa do pasamento da poeta Pura Vázquez; e todo porque ésta tiña unha irmá tamén poeta: Dora, e xustamente dúas fillas do Sr. Benjamín e da Sra. Carmen chamábanse igoal que elas: Pura e Dora.
Casualidades. Anos despois tiven un xuízo un once de setembro contra os pais da miña primeira namorada.

Etiquetas: Ervedelo
2 Comentarios:
Non lin este texto no seu momento: canto o sinto! Xa quedei apampado ó verte falar de Ervedelo e Reza, temos raíces comúns, pensei (por parte da miña nai). Pero, ademais, na segunda parte do texto, falas dos meus avós, o sr.Benxamín e a sra. Carme, e das súas fillas Pura e Dora, as miñas tías (a terceira filla é miña nai, Carme). E, xa que logo, a Mónica dos teus amores preadolescentes é a miña prima e o seu pai chámase Carlos: non sei se Dyan 6 do que falas era del ou o do meu pai, de cor amarela; en calquera caso eu aprendín a conducir nun dous cabalos da citroen e logo nese dyan 6. En fin, que estás falando tamén da miña infancia e creo que non nos coñecemos en persoa (ou si?, eu son moi despistado para estas cousas, perdoa). Déchesme unha gran alegría con este post e non podo máis que mandarche unha gran aperta.
O meu enderezo é
marvalcarcel@edu.xunta.es
Enviar um comentário
<< Home