Nimzowitsch - Capablanca, Pekerman, Irureta
A partida xogada en 1914 en San Petersburgo entre Nimzowitsch e Capablanca é unha das máis analizadas da historia. A causa deste interese é a procura das razóns da derrota do xogador que leva as pezas brancas cando despois da súa xogada 12 ten en apariencia unha posición gañadora: un peón de máis, peóns dobrados pretos , peón pasado branco na columna "a", e o resto do material é absolutamente equivalente.
En poucas xogadas, e sen facer nada espectacular, o xenial cubano conquire desfacer a posición do rival, vencendo facilmente.
Segundo Znosko Borowsky as cualidades da posición de Capablanca: maior coordinación das súas pezas, rei que fica cedo máis seguro, non serían dabondo se o inestable Nimzowitsch tivera xogado con máis precisión: erro grave foi non loitar pola iniciativa e erro decisivo foi a teimuda obsesión en manter a vantaxe material.
No famoso Centenariazo, organizado a maior groria do que aparece nos "media" como único club de fútbol no Estado ( tamén hai outro club no oriente, pero niño de radicais separatistas disgregadores ) o equipo adestrado por Irureta tiña unha linda vantaxe pasada a media hora de dous golitos. Tralo gol do MEMYUC ainda quedaba outra media hora para o remate do partido e a alma de Nimzowitsch corporizouse en Irureta, que realizou dous trocos consecutivos renunciando á iniciativa e tentando manter a vantaxe no marcador.
Pero o equipo do que é socio o empregado de Murdoch ( serei xusto, tamén era o equipo de Haro Tecglen ) non tiña o nivel que tivera 88 anos antes Don José, e non foron capaces de remontar. Como na victoria todo son laudatios coido que non se valorou debidamente o erro estratéxico de Irureta - o que conta é o marcador final, din os resultadistas-, que arriscou en demasía na confianza da defensa numantina, a pesares de que un hipotético empate lle colocaría nunha posición moi delicada para a prórroga e as loubanzas tornaríanse en coitelos ben afiados.
Xusto así pasou hai cinco dias no Alemaña - Arxentina. Vía o partido, os trocos de Pekerman, e lembraba a Jabo e ao neurótico Nimzowitsch. Antes do empate eu marmuraba entre dentes: "Covarde", onde está Messi? onde está Riquelme? Saviola? Aimar?. A Alemaña actual non ten talento, non existe alguén que se poida achegar a Netzer ou Overath ou Magath, qué máis da, seguirán insistindo con teimosía e a victoria non vai ser doada.
Alemaña empatou e nun xesto de xustiza prosaica divina o arxentino que errou o penalti definitivo: Cambiasso, foi o substituto de Riquelme.
Sobre vantaxes materiais ou posicionais ( detentacións de alcaldías) , subestimación dos rivais, negativa a loitar pola iniciativa, poderemos falar proximamente e o protagonista da triste historia pode ser Lois Pérez Castrillo. Nun próximo post.

0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home