Toquinho
Na mañá do 21 de xullo do ano pasado entrei na Facultade de Filoloxía para me colar no VIII Congresso da Associaçao Internacional de Lusitanistas. A razón era escoitar as sesións adicadas ao 25 aniversario do pasamento de Vinícius de Moraes.
Cheguei un chisquiño tarde, co meu programa na man que me ía indicar onde tiña que ir e a quen ía escoitar. O entrar na aula xa escomenzara a comunicación de quince minutos de Elenice Grotaers de Moraes Reis, da Universidade de Rio de Janeiro, que versaba sobre "a poetica da noite en Vinícius de Moraes". Deberiamos ser sobre trinta persoas na aula, e eu o máis despistado de todos, xa que me costaba entender o que dicía a profesora, que falaba moi baixiño e cun ton ao que non estaba afeito.
Dirixía a sesión unha señora moi elegante e de contaxioso bo humor: Laura Cavalcante Padilha. As dúas intervencións seguintes eran a priori as que menos ilusión me facían, pero resultaron ser moi proveitosas: dous profesores de Sao Paulo, aos que entendín perfectamente co seu sotaque, que falaron da poesía e Vinícius como lector de Camôes.
A hora prevista iniciouse a comunicación teórica de quince minutos da cuarta e última experta en Vinicius: Unha profesora de Rio de Janeiro, da cal fago gracia do seu nome. O título era moi suxerente: "A mulher e o amor na poetica de Vinícius de Moraes".
Ao sentar para escomenzar a súa disertación asusteime do tocho de folios que sacou e colocou no atril. Empezou a falar e comprendín que a voz moi baixiña e o ton máis incomprensible debe ser cousa natural dos que viven na cidade probablemente máis fermosa do mundo.
Despois de vintecinco minutos de lectura, que maxino sería moi interesante no caso de tela podido escoitar, a directora da sesión lembroulle cun sorriso á conferenciante que debería ir rematando posto que de seguido tería que escomenzar o coloquio. A comunicante respostou con outro sorriso e seguiu lendo.
Ante os movementos nos pupitres dos ouvintes, vinte minutos despois houbo outro amigable aviso á profesora que foi retrucado do mesmo xeito que o primeiro.
Ao cabo, unha hora e dez minutos de iniciada a súa exposición, aproveitando un pequeno intre que tomou á conferenciante para mollar a boca con auga, a directora, estupenda Sra. Laura Cavalcante, iniciou unha frenética salva de aplausos dirixida á profesora, que inmediatamente foi acompañada de trinta persoas que tamén ovacionamos sen parar, e que a pesares da tímida protesta da expositora que se intuía dicía que aínda tiña moito que comentar sobre a muller e o amor en Vinícius, deu por rematado aquela sen dúbida ben traballada conferencia sobre a persoa que máis sabía da muller e do amor: por algo estivo casado nove veces.
Pasado mañá chega a Galiza o parceiro de Vinícius: Toquinho. Autores ambos do para min mellor disco que nunca escoitei: "La Fusa".
Intentarei ir ao parque de Castrelos en Vigo porque ocasións así pode que non haxa moitas na vida. (E ademáis tamén estará Milton Nascimento, bonito xeito de ter encontros e despedidas).
P.S.: Temos a un nado en Sao Paulo e outro, fillo adoptivo de Minas Gerais: éstaría absolutamente perfecta a noite, se o Organizador xuntara a estes artistas cun carioca: suxiriría para o futuro a Paulinho da Viola.

0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home