Adiós. Revista de empresas.
Na mañá do día de San Benitiño recibo unha chamada telefónica cunha pésima nova. Viaxamos ata Madrid para acompañar a tío e curmáns. Chegamos en noite pecha. Sorpréndeme na miña breve estadía os diferentes costumes luctuosos que adoitan ter alí en relación a nós. E sorpréndome a min mesmo - lector compulsivo - ollando o número de marzo e abril de 2006 da revista "Adiós, Revista de empresas" editada pola Empresa Mixta de Servicios Funerarios de Madrid S.A.
Alucino coa propaganda: aplicacións informáticas para xestionar funeraria ou cemiterio, productos biolóxicos para acelerar a descomposición da materia orgánica, carrozados de coches fúnebres, fábricas de ataúdes, materiais funerarios e de tanatopraxia profesional, féretros ecolóxicos...
Todo dentro dunha revista moi ben coidada, con asépticos artigos sobre escultura funeraria, novas anecdóticas, investigacións históricas e etimolóxicas...
A portada e catro páxinas interiores están adicadas laudatoriamente a Castelao; e no interior destácanse novas sobre o tanatorio ilegal de Malpica e a problemática dos cemiterios de San Francisco e As Caldas en Ourense, mesmo con fotografía de Jose Ángel Valente.
Todos levamos a morte dentro pero queremos pensar que agochándoa non vai aparecer. De aí a miña estrañeza ante unha revista que non fai máis que naturalizar a cousa xustamente máis natural da existencia: deixar de existir.
Voltamos. Entro en Galiza ao tempo que por Vigo debe principar a tocar Toquinho.

5 Comentarios:
Supoño que deberiamos perder o medo a falar da morte, incluida da nosa mesmo, claro.
Eu penso que se fosemos máis conscientes de que un día, inevitablemente, morreremos, seriamos máis felices; aproveitariamos máis o noso tempo limitado. Pero se sacas ese tema, pola contra, case te chaman agoreiro... ¡como se non falar da morte sirvise para algo máis que para terlle aínda máis medo!
Pois eu veño de ler que a última tendencia son os tanatorios deseñados por modistos de marca.
Noraboa polo post, bouzafría. Vou dicir unha burrada, pero creo que hai en todo ese medo a falar da morte unha especie de "inmortalidade" inconsciente que o que fai é amargar a quen non ten presente o cerca que está. Quero dicir que vivimos sin ter en conta que morremos, e así nos vai.
Por certo, relacionado con este asunto a min paréceme moi interesante un blog que se titula "Artipraxia".
E acabo de quedar flipado co comentario de "náufrago" que abunda no asunto do márqueting pero é que hai que ter en conta que se trata dun negocio moi estable, dunha inversión segura...
Canto mudou Galiza en tan pouco tempo: Vemos as fotos de Virxilio Viéitez (Soutelo anos sesenta) con imaxes dos difuntos para enviar á familia emigrada; escoitamos as historias de Quico Cadaval (Ribeira anos sesenta-setenta) da función antropolóxica dos velatorios na casa; e seméllanos ver ou escoitar historias doutro mundo, doutra civilización.
Un amigo mío colabora habitualmente en la revista "Adiós", por lo que la leo habitualmente.
Y es cierto que es totalmente alucinante.
El último número tiene una portada realmente de colección.
No sé si conocerás algo de esta historia gallega.
Enviar um comentário
<< Home