27 julho 2006

Principio de Coriolis

Recupero a miña teima de comparar as leis físicas coa vida real, mundana, ao fío da lectura da, coma sempre intelixente, entrada de Ian.
Pasei a fin de semana lendo outro libro de Punset, que me reafirmou na tese de que a única posibilidade é a cooperación, a colaboración. Que a competencia só leva á victoria pírrica duns poucos que xa a medio prazo están condenados a morrer de morte matada do mesmo xeito que eles infrinxiron antes ás súas víctimas.
As listas dos Nóbel da para botar ácedas bágoas: Friedman gañador, a maquillaxe exportada de Chicago para enzoufar a cara chilena: a macroeconomía que agacha a peor vesania, a peor barbarie.
Coriolis decatouse que se imos en liña recta acabamos vencéndonos cara á dereita. (Hemisferio norte, sinalo, aínda que para tantas cousas é paradóxico que Nicaragua ou Guatemala fiquen no norte)
Penso en Coriolis e escoito "danos colaterais", Kosovo, nenos mortos e digo: "fillos de puta".
Qué noxo
Penso en Coriolis e cómo non pensar en Piqué, Vargas Llosa, Tony Blair.
Qué noxo.

1 Comentarios:

Blogger O Breogán said...

I eu che asegundo e asinto: que noxo!

6:43 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home