Himnos nacionais
Veño de ver na tele o comezo do Portugal - México do Mundial de fútbol: a rexa formalidade na que os xogadores cantan o seu himno.
Cada vez que vexo iso volta a miña cabeza a anécdota que eu prefiro do mundial España 82.
O segundo partido do mundial disputabase en Vigo: Italia - Polonia, no remozado Balaídos coa grada nova de Río. Os vintedous xogadores aliñáronse como é debido para escoitar cadanseu himno. O locutor de TVE que retransmitía era Miguel Vila. De súpeto ( broma, erro do protocolo, confusión coa Galitzia polaca, patriotismo do da megafonía? ) escomenzou a sonar en Balaídos o himno galego, ao tempo que a realización enfocaba, un por un, aos xogadores polacos que, loxicamente, mantiñan a seriedade supoñendo que se trataba do himno rival. As verbas do locutor foron marabillosas:
"Observen, queridos telespectadores, la emoción reflejada en los rostros de los jugadores polacos al escuchar su himno nacional".
Foron cincoenta e dous partidos naquel mundial, dos que eu vin cincoenta e un: Preferín ver unha semifinal de Wimbledon ao Austria - Irlanda do Norte de cuartos de final no Calderón. Pero case podo asegurar que a voz de Miguel Vila non volveu ser a encargada en retransmitir ningún dos cincoenta partidos que quedaban naquela competición.

2 Comentarios:
que historia máis divertida e tráxica ao mesmo tempo...
Marcos: agradecido, xa vou indo.
Torredebabel: Pode que tráxica sexa unha verba non de todo axeitada para falar de fútbol, aínda que para moita xente sexa cuestión de vida ou morte.
Enviar um comentário
<< Home