Doping no deporte
Cando leo novas sobre o doping no deporte véñenme dúas sensacións: falta de precisión nas formas da mensaxe e hipocrisía no fondo do asunto.
Precisaríase máis vontade para concretar de qué estamos a falar cando dicimos a verba doping. Moitas veces as palabras polisémicas acaen gallifas que son ben utilizadas polos trampulleiros de sempre ( de qué falamos cando dicimos "nación"?).
A hipocrisía evidencia falta de interese en amañar o problema. Requeriríase distinguir drogadicción e dopaxe. Deberíase distinguir entre drogas dopantes, drogas recreativas e drogas necesarias: unhas son sustancias perigosas para a saúde que incrementan o rendemento deportivo, outras son sustancias perigosas para a saúde que resultan irrelevantes no eido deportivo e as últimas son sustancias beneficiosas para a saúde que poderían implicar vantaxes deportivas.
¿É lóxico que un deportista enfermo non poida tomar, v. gr. codeína? ¿É lóxico que sexan gravísimamente sancionados en instancias deportivas un ximnasta catalán ou unha tenista pontevedresa porque unha noite - en periodo de lecer - consumiran sustancias psicotrópicas que non tiñan trascendencia algunha para a súa actividade? ¿Que vantaxe futbolística acadou Maradona esnifando unha raia nas súas parrandeiras noites napolitanas? ¿Haberá que desposuir dos seus títulos a Lasse Viren? ¿Onde está o límite entre o lexítimo e o ilexítimo no incremento do rendemento deportivo?
Durante o Campionato de España de xadrez por equipos do ano 1999, en Barcelona, eu ía a primeira hora da tarde á mesa arbitral para comunicar cal e qué xogadores do equipo estaban a tomar medicación que podería dar positiva nas análises anti dopaxe posteriores ás partidas. Poñamos por caso: se un rival viñera bébedo a xogar, a pesares de que o seu rendemento é obvio que ía ser inferior, podería ser fortemente sancionado ainda que a súa conducta mermara a súa capacidade deportiva. Curioso.
O deporte precisa regras claras e xogo limpo, pero non atallos circunstanciais.

0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home