De nomes e apelidos
Mergullado como estiven hai case dous anos en vellos libros eclesiásticos, na procura dos meus antergos, descubrín as diferenzas entre os nomes e apelidos de entón, séculos dezasete, dezaoito e nalgún caso o dezanove; e os de agora:
Algúns nomes perderon o "h": Christina, Martha, Thamara e Theresa.
Hai trocos de vogais: "Ysabel", "Pereyra".
Existen o que penso que son abreviaturas:"Xtrobal" como "Cristóbal".
Trocos nas consoantes: "Álbarez"convertiuse en "Álvarez" e viceversa: Os "Nóboa" de finais do século dezanove convírtense ao comezo do século vinte en "Nóvoa".
Modificacións completas, supoño que pola impericia do crego: Os "Agraján" agora son "Agregán".
Desaparecen letras: "Joseph", e as veces engádense castelanizando: "Feijó" pasou a "Feijoo".
Os "Villasanta" pasan a seres "Villasante".
Paseino moi ben facendo a árbore, valéndome tamén como aprendizaxe do que é a vida: Nacían moitos nenos pero poucos chegaban a adultos.

4 Comentarios:
Ë un sentimento ben humano: queremos saber quen somos. Parabéns pola investigación.
Con respecto ó do X como "sigla", coméntoche que é o mesmo que fan no inglés. Unha especie de resumo de Christ (en Christmas, por poñer o exemplo máis coñecido) e que se repite tamén en moitos textos antigos. Eu pensaba que era peculiaridade saxona pero vese que non. A saber de onde vén.
Quizais un dos casos máis célbres sexa a sinatura de Colón, que facía iso coa X
Grazas polos parabéns. É ben curioso o que contades do X. Cando o atopei, e tendo en conta a difícil caligrafía e o roído pergameo, costoume un tempo comprender que se refería ao actual Cristóbal.
Enviar um comentário
<< Home