12 setembro 2006

COPE Vigo

Como non son masoquista levo anos sen escoitar a COPE, esa cadea de emisoras de radio na que os bispos pagan fortunas a auténticos delincuentes que pretenden outra guerra civil.
Lamentablemente non sempre podes evitar a súa audición: No taxi que sempre vai por un camiño distinto do que ti escollerías, no autobús que me leva á zona vella, na mercería, na casa da sogra...
Alí, un día de agosto, mentras eu vixiaba que os nenos mancharan o menos posible ao comer, a boa señora acendeu a radio para escoitar o parte, e eses quince minutos escoitando a radio católica foi unha experiencia dura para a miña paciencia mais enriquecedora para os mecanismos que activan a miña memoria.
Porque empecei a lembrar o que era a COPE en Vigo cando eu era neno: A emisora máis escoitada - creo - tanto en Onda Media coma en Frecuencia Modulada ( O Canal 2 de Radio Popular ). Na casa dos meus pais escoitábase ao xantar "Jaque a la Actualidad" - que encetaba coa inesquecible voz de Mary Santpere cantando "Yo protesto..."-. Alí estaban Segundo Mariño, Queca Merino, Víctor F. Freixanes, María Xosé Porteiro... Falaban galego con total naturalidade, transpiraban modernidade, progreso, novos tempos. En deportes estaba Jaime Cros, que semellaba ser un bo tipo.
Na Frecuencia Modulada había un programa polas mañás onde chamabas por teléfono para pedir as cancións que querías escoitar - e chamaban mesmo dende Compostela. Polo serán viña "Musical Cassette", onde puñan música sen interrupcións, tamén a petición dos ouvintes, para que os interesados poideran pór a funcionar o magnetófono. Alí estaban locutores como Bouzada, e sobre todo, a voz máis marabillosa do mundo, a de Alfonso López, que aínda agora podémola escoitar na publicidade.
Boas lembranzas, pero pésima transformación.

8 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

A COPE mete medo. Realmente mete medo. Xuntas á COPE e a LIBERTAD DIGITAL e obtes un coctel guerracivilista con tódolos compoñentes. O catolicismo e a democracia nunca, nunca, nunca canxaron. Nin con cola de carpinteiro.

5:29 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Concordo contigo. O ratiño que escoitei foi unha sucesión de disparates. Témome que a truculencia teña audiencia.

8:27 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

gracias por recordar a mi padre, Segundo Mariño, como buen periodista que fue y bellisima persona.Me ha emocionado saber que alguien lo recuerda como lo que fue, un excelente comunicador y el mejor padre.Gracias de corazon.

1:43 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Un pracer. O que me estrana e a rápida desmemoria de algúns, pero desexemos que só sexa momentánea.

6:08 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Este comentário foi removido pelo autor.

1:44 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

en memoria de mi querido padre,Segundo Mariño.Gracias a los compañeros que lo recuerdan.Ya hace 16 años que nos dejaste pero siempre perviviran los recuerdos que nos has dejado.Te quiero papá.Tu hija Ana

6:20 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Este comentário foi removido pelo autor.

9:05 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Eu tamén lembro a Segundo Mariño. E do seu traballo no Diario de Galicia e Diario16 de Galicia. Gran profesional

6:37 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home