06 novembro 2008

Gulfariz


A finais do pasado agosto fun coa miña querida curmá a Gulfariz, na beira do Miño, na procura dos lugares onde moraron nosos avós. Alí vivín un emocionante momento "Kunta Kinte" cando o máis vello do lugar identificou a noso avó, e falou das tres fillas (nosas nais e tía), e contou como marcharon cara Ourense ao lugar de Ervedelo, en Reza... e como marchou tamén outro veciño de alí para o mesmo sitio, o Benxamin, o avó do proximamente ben homenaxeado historiador; e logo chegaron as preguntas e as coincidencias e antes o convite a un viño excelente.

Noso avó vivía en Gulfariz e ao casar coa avoa marchou dous kilómetros para arriba, a Mereixe, de onde era natural ela, un lugar onde hoxe só fican ruinas.

Esas bonitas terras da Peroxa están baleirándose de xente nova, que deixan o campo para estudar na cidade e após xa non voltar. Non hai a penas futuro no rural e por iso cada iniciativa que vai facendo a Consellaría de Medio Rural ten o meu silandeiro apoio porque aínda que non faga suficiente efecto, paga a pena loitar contra o definitivo esmorecemento das terras onde descansan a cal dos osos dos nosos antergos.

Etiquetas:

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

A Peroxa!! onde a que non é **** é coxa, disque.
Que cousas!

Parte da miña familia é de Reza... Aínda imos ser parentes.

2:52 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Home, meu pelo foi loiro e con quince quilos menos ata sería ben parecido...hmmm, quen sabe.

Os pareados adoitan ser moi traidores.

10:38 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home