David Lariño
Lembra o mellor escritor galego vivo, ( segundo a opinión do Rivas , que engadía que as súas verbas ficaban escritas no vento ) cando nos últimos anos do franquismo chegou ao porto de Ribeira un mercante ruso: o Vassili Poliakov ( se a miña memoria non é mala ). E conta como o seu amigo Manolo Barros saiu correndo cara o barco, cunha caixa e un taboleiro de xadrez nas mans berrando "chess, chess". Seica Manolo e o capitán do barco remataron empatados a un, pero no partido de fútbol entre o equipo local e os mariñeiros rusos a victoria foi para os galegos, a cal foi a portada do día seguinte no xornal: Ribeira 5 - Rusia 1.
Mañá, David Lariño, un rapazote galego de Esteiro, con só dezanove anos, pódese converter en Campión de España absoluto de xadrez. Supoño os nervos agora de Manolo Barros en Ribeira, o seu primeiro adestrador, cando David era un neniño ben pequerrecho.
Moita sorte.

Etiquetas: xadrez
6 Comentarios:
Actualización: Campión de España!
Pois foi
Pois é
Dato ofrecido en RNE por el gran Leontxo García
O club xadrez algalia felicita a david lariño por este importante éxito e a manolo barros e carlos permuy e a todo o mercantil de ribeira, que sempre o apoiaron e adestraron. :-D
Lariño y Salgado, grandes realidades del ajedrez gallego y español
Enviar um comentário
<< Home