04 novembro 2008

Supermartes

Hai xusto oito anos, o mércores posterior ao primeiro luns de novembro, ao mediodía, collín un autobús pola banda de Conxo. Na Praza de Galicia entraron dous homes de mediana idade que sentaron xusto diante de min. Falaban en voz alta, e tanto pola melíflua voz coma pola indumentaria, souben de vez que eran cregos. Na radio falaban do empate entre George Bush Jr. e máis Al Gore, e un lle dixo ao outro: "Da igual quien gane, los dos están a favor de la pena de muerte." Cando na radio soaron os pitidos das 12:00 horas o máis falador suxiriu o rezo do Ánxelus, cuestión que fixeron de seguido e que me retrotraeu aos tempos de Eduardo Sotillos na Radio Nacional de España. Ao chegarmos a San Roque os tres baixamos do autobús, pero eu tomei un camiño distinto ( e non só aquel día).
Hoxe está a piques de acabar na Galiza o día de San Carlos Borromeo, patrón dos banqueiros, e os ollos dos súbditos do imperio están voltos para saber quen vai ser o novo dono, nominal, do mundo.

Din que vai perder McCain, e eu síntoo. Esencialmente por motivos femininos: Non só pola súa loira muller, ten o seu morbo, senón sobre todo por non ter a Sarah Palin de vicepresidenta. Retórzome de pracer só de pensar en Palin como Presidenta de se dar algunha das "previsións sucesorias".

Etiquetas:

2 Comentarios:

Blogger R.R. said...

Vén sendo vostede o que en termos médicos se denomina un doente de "satiriasis". Qué susto levei pensando en SUperPi cando vin o título e comecei a ler o post.

Polo demáis, o día das eleccións é moi propio, aínda que ¡pobre Carlos Borromeo, a quen patronea sen el saber nin escoller!

11:28 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Seica tamén e o patrón dos catequistas.
O de satiriasis é un pouco forte, non? Reitero a miña admiración polo muller de McCain, moi ben conservada.

5:34 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home