19 outubro 2008

Columnistas

Como moita xente, servidor ten columnistas favoritos, xornalistas que chaman a nosa atención, aos que paga a pena ler con moito vagar. Como vigués, o meu preferido é Eduardo Rolland. Os exemplos do seu bo facer están agora na Voz coma antes estiveron no Faro, cando me volvín devoto del.
Outro columnista que multiplica diariamente o meu interese é Enric González, do que xa falei ben del polas súas "Historias del Calcio". Agora, cando cae nas miñas mans "El País", consigo que a primeira lectura sexa a que vai despois da súa sinatura.
Seguiremos informando.

Etiquetas:

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Hahaha, non tiven ocasión de ver esa imaxe, pero superafavor de Santi Domínguez, sempre. :)

8:30 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

A todos nos gusta ben Eduardo Rolland, o que non se entende é qué están a facer no Faro de Vigo. Están botando á rúa os mellores xornalistas e os mellores fotógrafos: Miguel Núñez, Marcos....

12:39 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home