28 setembro 2008

Xesús

Non o coñecín, pero faláronme moito e ben del nos últimos tempos. Especialmente miña compañeira, que foi varias veces por motivos profesionais a súa casa nestes derradeiros meses seus e que voltaba impresionada pola súa personalidade, entereza e intelixencia. Un día ela apareceu cun agasallo seu: un libro agarimosamente adicado e que dende onte, lamentablemente, adquire un novo valor. Deixou tamén un consello que me pareceu moi atinado: non importa se os fillos agora non falan galego; o importante é colocar neles a semente do noso vello idioma... que xa agromará no seu momento.
Nestes tempos é aínda máis triste perder xente de paz.

Etiquetas:

1 Comentarios:

Blogger R.R. said...

Unha mágoa: teño del o magnífico recordo de ser o mellor dos mestres daquel Curso de Aptitude Pedagóxica que fixen hai xa anos de máis, e aínda podo lembrar e tento poñer en práctica moitas das súas ensinanzas sobre pedagoxía e Educación para a Paz.

1:03 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home