31 maio 2007

Escolma do cine galego

Teño que agradecer ao meu cuñado José Antonio a súa xenerosidade ofrecéndome libros e revistas de épocas pasadas pero aínda non remotas.
Por exemplo a "Escolma do cine galego" editada polo Cine Club Abertal en maio de 1980 e dirixida dende a Asociación Xuvenil Abertal, que supoño non tería daquela moito tempo de vida.
Colaboraban naquela revistiña, por orde de aparición: Víctor F. Freixanes; Carlos Piñeiro; Loval; Matías Antolín; Eloy Lozano; Manoel Rivas - entrevista a Carlos Velo -; Luis Álvarez Pousa; J.H Les; e J.M. Folgar.
Nos agradecementos aparecen as seguintes persoas: Xoán Andión; Luis Álvarez Pousa; María José Fernández; Víctor F. Freixanes; José María Folgar; Xosé Paz; Salvador Penín e David Ouro.

Nomes propios:

a) Luis Álvarez Pousa: polifacético home da cultura, comunicación e xornalismo. E máis poeta: A canción Sementeira de Fuxan os Ventos musica un poema seu. E por suposto o director das xornadas de cine de Ourense.

b) Salvador Penín: Foi o administrador do colexio dos Salesianos de Vigo. Nesa virtude foi amigo do meu pai, o cal coñeceu cando lle encargou á empresa deste a instalación de carpinterías de aluminio e algunhas construccións metálicas. Pero sobre todo, D. Salvador foi o responsable do Cine Salesianos durante moitísimos anos. Cando eu tiña dez ou once anos lembro ter pasado algunhas horas no cuartucho que el adicaba ao cine: alí tiña multitude de fichas de películas, todas cunha "clasificación moral". Aquel aposento seu estaba dentro do novo pabellón aberto de baloncesto, xunto os vestiarios. Aquelas canastras de baloncesto, penduradas do teito igualiñas ás que tiña o Real Madrid no seu pabellón de deportes, tamén foran feitas pola empresa do meu pai.

c) José Rodríguez Pacheco: Crego, pero non o parecía. Dende hai un ano é o director dos Salesianos do noroeste da península. Foi ademáis o creador desa excelente institución de Vigo que é o Abertal. Supoño que dos inicios daquela andaina pode falar moito máis o poeta Anxo Quintela. Pacheco foi un profesor magnífico de físicas, un dos mellores que tiven - cecais o mellor -, que cando podía deixaba caer as súas ideas antiimperialistas e contra as multinacionais que serían avanzadas hoxe e non digamos daquela, sempre preocupado porque a nosa terra fora independente economicamente e non dependera do exterior. Dende logo non era un crego ao uso. Espero que dende as súas responsabilidades actuais siga pensando como pensaba entón.

Etiquetas: , ,

4 Comentarios:

Blogger besbe said...

É todo un luxo poder ter acceso a esas revistas e irlle seguindo a pista á xente ata o día de hoxe.

Falando doutra cousa, moitas gracias :)

12:04 da manhã  
Blogger Marcos Valcárcel López said...

Por aí téñoa arquivada dende que saiu no xa arredado 1980. Debeu ser a primeira publicación dedicada en exclusiva a debatir sobre as posibilidades dun cine en galego (antes diso poderíanse encontrar algúns artigos de Risco e Otero que falaban do tema e, por suposto, a moita información que xeneraron en Ourense as Xornadas de Cine das Nacionalidades dende 1973,con algúns dos mesmos protagonistas, como L.A. Pousa).

9:21 da manhã  
Blogger Feciga said...

Este comentário foi removido pelo autor.

9:09 da tarde  
Blogger Feciga said...

Pois estaría moi ben, compartila en PDF, xa que non é accesible, siquera dende a propia Asociación Xuvenil, que por certo, nin mención fan do período (curto) do cineclube na súa historia.

9:11 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home