29 maio 2007

Erros e acertos

Fixen en post anteriores pequenos comentarios sobre as municipais nos catro lugares que hoxendía máis me importan: A porcentaxe de acertos non é moi alta: 50 %.
Acertei que no Covelo o poder conservador vai pouco a pouco, lentamente, esmorecendo. O BNG sobe un concelleiro: inmenso mérito que ten. Acertei tamén o novo vencedor en Ames: PSOE, e a derrota inapelábel do PP. O BNG camufla os seus resultados grazas ao pasar de 17 a 21 o número de concelleiros totais.
Equivoqueime en Compostela: eu agoiraba unha notábel suba do PSOE e a típica derrota do PP e voltáronse as tornas. Supoño que a falta de mobilización socialista ante a probábel vitoria xustifica un chisco os resultados.
Equivoqueime en Vigo: Agardaba e desexaba un resultado ben rifado entre nacionalistas e socialistas, pero os primeiros están a pagar a factura pendente de Lois Pérez Castrillo . Mágoa porque Santi Domínguez era o mellor candidato dos que se presentaban e mágoa porque a lista do PSOE vai entreverada de pésimas candidatas.

Alén diso, por 32 votos non estamos todos dos nervos.

Etiquetas:

3 Comentarios:

Blogger Manuel Ángel Candelas Colodrón said...

Entre nós, cales son esas pésimas candidatas? Anímese. Con dar pistas é suficiente.

10:49 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Unha que na súa vida profesional vai facendo mobbing a catro subalternas súas. Aínda non saio do meu pasmo ao comprobar o aguante que ten algunha xente: eu de ser algunha delas, xa estaría no Xulgado ( que lles queda alí o ladiño do traballo ) hai bastante tempo ademáis de ter collido unha longa baixa por depresión. Máis pistas: Berra alto e maleducadamente (Sufrino eu). Máis pistas: O seu marido aprovéitase da amizade de Dolores Villarino para medrar, así como a filla da amiga aproveitou a estadía de Caballero no Porto.
Penúltima pista: Ten de socialista tanto coma min de bailarín do Bolshoi.
Última: ¿quere coñecela? Busque fotos de Caballero nestes últimos días. Alí está ela, detrás.

11:22 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Como n' As Uvas me dá ultimamente polos comentarios quilométricos, como ando ademais canso e fragmentario, quedou sen aceptar a súa puntualización sobre o resultado no Covelo.

Para reparalo, réndolle visita, agradezo o comentario e alégrome da súa exactitude. É fermoso aquilo, parece haber xente activa e cómpre esperar que as leis biolóxicas vaian producindo certo efecto. Non deixe de informarnos sobre o que pasa aló.

9:15 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home