Municipais: Covelo
Covelo é segundo algúns inquéritos o concello máis probe do Estado. Nel leva mandando comodamente dende hai máis de trinta anos o Sr. José Costa, do P.P., por suposto. Na actualidade o reparto de cadeiras ven sendo PP:8, BNG:2, PSOE:1.
Galicia profunda, a poboación de Covelo está moi avellentada: coñezo ben unha parroquia dalí e fáltanme dedos para contar as nonaxenarias: Ter alí setenta anos implica estar en plena mocedade.
Unha característica recorrente en cada contenda electoral é a da visita do concelleiro de turno casa por casa entregando o sobre coa papeleta dentro. Seino porque cheguei a unha casa quince minutos despois da visita. Está prohibido queixarse, os vellos teñen medo, non lle vaian quitar a paga. Un punto de luz, ou un contedor de lixo, pode ser outra dádiva que aforteza o voto xa cautivo. Por suposto, está mal visto utilizar a cabina no colexio electoral.
Hai unha semana Covelo recibiu unha visita inesperada: Xosé Manuel Beiras deu un mitin en apoio do candidato local do BNG - persoa estupenda que tivo a desgraza dous días despois de perder a sua señora nai.
Así e todo, malio pulo moral que lle poida dar á oposición esas visitas, non agoiro máis que un leve descenso no voto do PP, que voltará gañar sen incomodidades: o voto perdido polas defuncións dos vellos compénsanse co voto emigrante eficazmente acadado polo primeiro tenente de alcalde, en feliz periplo por Venezuela, Urugüay e Arxentina.
Éxito sen precedentes sería que o BNG conquerira o terceiro concelleiro ou que o PSOE obteña o segundo.
As cousas do rural sonche así: Votan ao PP, máis cando se require facer queixa acoden ao BNG.
Unha última anotación: A Igrexa.
O crego segue sendo un poder fáctico. Os predecesores do actual cura ( Saja e D. Marcelino ) practicaban unha especie de "teoloxía da liberación" na galicia rural. Boas iniciativas cara os máis desfavorecidos - que non son poucos - e cun emprego exclusivo do idioma galego. Foron exiliados - permítaseme a palabra -, e substituidos por un home da curia tudense, ensotanado e sen vocación de servizo á parroquia. Outro tema queda eiquí esbozado para un debate posterior, xa alleo á contenda electoral.

Etiquetas: municipais
2 Comentarios:
Acabo de ler o comentario e mailo artigo e creo que non vou dar pechado a boca para durmir. Flipante.
O Santi Domínguez aínda ten que demostar que non vai segur-la política do ladrillo dos seus mentores, e extorsionar a Abel Caballero co puto pxom de Vigo. Se non o fai será só unha simple cara amable, pero tan cabrón coma os que se foron. O BNG se consolida en Vigo, sí como terceira forza política. Como a forza minoritaria.
2012: dous concelleiros.
Enviar um comentário
<< Home