Municipais: Ames
Ames é un espello de Compostela. Populosa nas cidades dormitorio de Milladoiro e Bertamiráns, onde a xente nova exiliouse por motivos económicos, Ames comparte coa capital do país a circunstancia dun goberno local presidido polo PSOE apoiado polo BNG.
Como en Compostela, e mesmo como en Galicia, a boa laboura dos concelleiros do BNG é aproveitada polo PSOE; e como en Compostela, a torpeza da dirección dos nacionalistas poden conseguir que o PSOE acade a maioría absoluta.
O alcalde de Ames é un tipo entrañable, cercano á xente: un Orozco en pequeniño. O BNG pode presentar dúas xestións magníficas: Pilar Candocia e Francisco Carracedo. Persoas xa fora de responsabilidades locais e con xestións non aproveitadas polo BNG, que volve repetir mimeticamente o mesmo erro doutros lugares. Mágoa, porque perdeuse a ocasión dunha apaixoante contenda entre Carlos Fernández e PIlar Candocia, cun resultado non claro.
O P.P. perdeu o poder local hai catro anos. Hoxendía presentan un candidato xuvenil: como en Compostela, renuncian á batalla.

Etiquetas: municipais
1 Comentarios:
Leo con interese as túas crónicas municipais. ¿Podes crer que non sabía da existencia de Covelo? Efectivamente, a Galicia profunda...
Enviar um comentário
<< Home