14 maio 2007

Supersticións.

Hai unha cafetaría en Compostela, na Praza de Ponte Castro, onde eu ía ver na época de Víctor Fernández varios partidos televisados do Celta. Tiven que deixar de ir alí porque as seis ou sete veces que fun sempre perdía o Celtiña.
Un domingo desta temporada eu estaba no barco Vigo-Cangas cando o Celta gañou o seu primeiro partido en casa desta Liga (Valencia). Moitos meses despois fun por vez primeira este ano a Balaídos (Deportivo), e o Celta volveu gañar.
Por conseguinte, pensei, se quería que o Celta gañase eu tiña que estar na mar ou no campo. E alí fun, a ver o espectáculo en directo.

Empezo a pensar que a culpa pode que non sexa miña.

Remato cun análise futbolístico: Probablemente non debería ter sido cesado Vázquez, e en todo caso, de facelo, telo feito moito antes. Dito isto, Stoichkov non ten culpa ningunha dos resultados negativos. Como dixo un filósofo: er furbo es asín. E logo os do Atlético de Madrid van de "pupas"...

Etiquetas:

4 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Son celtista convencido e xa me vexo outra vez na segunda. O erro nas fichaxes terá un responsábel?
Que volva Vázquez!

5:46 da tarde  
Blogger Suso Lista said...

Son de Corme, pero o Celta sempre me caío mopi ben. E eso que non che me gusta nada o furbo. Ánimo, e a seguir loitando.

7:12 da tarde  
Blogger Ninsesabe said...

Sempre pasa o mesmo e os directivos non aprenden. Con Vázquez estaban loitando por salvarse. Agora parece que loitan para descender.
De tódolos xeitos, sentíndoo moitísimo (sei que vou a levar nas orellas polo que segue) teño que dicir que son do Athletic de Bilbao...Así que...¡xamentendes!

6:16 da tarde  
Blogger bouzafria said...

¡Xamentendes!
Curiosa verba. Utilizada por miña nai como sinónimo de bofetón.
Exemplo: "Vouche dar un par de xamentendes".
Xa sei, Suso, que eres de Corme, como o curmán actor de ninsesabe. Ánimo teremos, pero chegamos tarde á loita; e dende logo, randeeira, Vázquez non vai voltar.

4:39 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home