22 abril 2010

Farmacias. Ética

Aproveito un post de Ana Bande para falar dun asunto pendente: Ética.
Ética en canto sistema moral útil para tomar decisións na vida cotiá.
Hai cinco anos e medio e por mor dunha grave enfermidade dun neno dun ano de idade acudín moitas veces nun par de días ás farmacias da miña contorna. Había dúas a distancia semellante: a primeira pola Praza de Xoan XXIII e rexentada pola viúva dun director de cinema morto moi novo; a segunda coñecida pola súa negativa a vender preservativos e sita na Praza da Industria ( a protagonista da historia contada por Ana ). A miña escolla sempre foi acudir á primeira e por unha razón ideolóxica, supoño que banal e simplista, pero consciente: "prefiro gastar meus cuartos no negocio da familia dun pioneiro do cinema galego que incrementar a fortuna duns radicais opusdeistas que non lles importa a transmisión de enfermedades venéreas".
Fago un resumo: compráronse medicamentos moi caros nas dúas farmacias. Afortunadamente despois houbo unha modificación no diagnóstico que provocou un troco no tratamento e a inutilidade da medicación mercada. Solicitei a devolución ( os paquetes estaban sen abrir, claro) para recuperar o diñeiro e mentres a farmacéutica carca e retrógrada recollía as medicinas e dábame o seu importe, a farmacéutica intelectual (simplifiquemos así) negábase a facelo, volvendo eu para casa de novo cunhas medicinas inútiles e sen cartos.
Dilema: onde acudir as seguintes veces? Non volvín nunca mais pola farmacia da viúva do cineasta, seica despois foi traspasada. Vou sen problemas á da Praza da Industria. (Prefiriría que venderan condóns, no que supón de servizo aos clientes, pero xa que é ben doado conseguilos a escasos metros, alá eles se non querer facer negocios co latex)

Outro dilema: Tras o peche de Pascual en Outeiro de Rei decidín non volver mercar alimentos desa marca. Supoño que non fun o único porque na actualidade en moitos supermercados hai abondosas ofertas rebaixadas deses productos. Qué facer?

Ríome só: mentres o mundo párase polo volcán islandés, mentres a xudicatura española incorre en sucesivos ridículos, mentres CR9 anuncia unha bebida isotónica, mentres a economía española segue en recesión, eu ando a cavilar sobre a escolla entre Pascual ou Clesa.

Etiquetas:

14 novembro 2008

O Marqués da Ensenada en Velle

No rebumbio da mudanza pérdense obxectos pero tamén áchanse documentos que xa contabamos definitivamente perdidos. Eis o caso dos meus apuntes tomados hai uns anos sobre o Catastro do Marqués da Ensenada feito en Velle, datado o 26 de marzo de 1753.
O que está escrito nos folios é o seguinte

“Interrogatorio a que han de satisfacer, bajo de Juramento, las Justicias, y demás Personas, que harán comparecer los Intendentes en cada Pueblo”
Pregunta 1. Como fe llama la Población
“Santta Martta de Velle, entro da cal ay una Casería ou Alquería que llaman Batundeira”.
Pregunta 2. Si es de Realengo, ú de Señorío: á quien pertenece: qué derechos percibe, y quanto producen.
“Señorío del Monasterio de S Salvador de Zelanova, Horden de Nuestro Padre San Venito- y la Casaría da Batundeira de D Luis Jacinto de Layseca (encomendador de la Real de Alcántara).”
Pregunta 11. Qué efcepies d Frutos fe cogen en el Termino
“Vino, centeno, trigo, maíz, castañas y todo genero de hortalizas del Pais en las huertas, como berzas, zevollas, calabazas, hajos, guisantes y otras legumbres, estrume en los montes vajos, leña en las deesas, hierva en los prazos.
Pregunta 15. Qué derechos fe hallan impueftos fobre las Tierras del Termino como Diezmo, Primicia, Tercio-Diezmo, ú otros, y a quien pertenecen.
“Diezmo, Primicia y Bozo del Señor Santiago”
Pregunta 21. De qué numero de Vecinos fe compone la Poblacion, y quantos en las Cafas de Campo, ó Alquerías.
“52 mas 1 en caserío en Batundeira”
Pregunta 22. Quantas Cafas habrá en el Pueblo, qué numero de inhabitables, quantas arruinadas: y fi es de Señorío, explicar fi tienen cada una alguna carga, que pague al Dueño, por el eftablecimiento del fuelo, y quanto”
“Tantas casas como vecinos, mas 110 que sirven de bodegas, cortes, corrales.
Inhabitables-arruinadas 3, mas 11 solares con solo los zimientos”
Preguntas 33 a 35: Que ocupaciones de artes mecanicas, albañiles, herreros, sogueros, zapateros, sastres, texedores…numero de jornaleros que hay y como se paga el jornal diario”
“Francisco Fernández, hijo de Matias; Ambrosio Villasante, hierno de Thomasa Basquez; Benito de Prado: Sastre la mitad del año, la otra mitad labradores.
Jose Gomez, hijo de Juan Gomez: herrero
Juan Sandoval: carpintero
Antonio de Prado, hijo de Benito: oficial de carpintero
Francisco Tavoada, hijo e Magdalena Carral: cortador de carne
Eugenio Perez, hierno de Juan Rebollo: herrero
Rodrigo Perez: estanquillero
Ana Salgado, hija de Catralina Belmonte: tejedora
Magdalena de Bouzas, cuñada de Maria Carvallo, Inés Rodriguez, hija de Ismael de Castro, Theresa de Martiñá: costureras
Clemente Feijo, Francisco Lopez, Esteban Libizes, jornaleros
Pregunta 36. Pobres de solemnidad
“Uno”
Pregunta 37. Si hay individuos con embarcaciones
“Joseph Vallejo, Francisco Perez, hijo de Maria de Agrajan y Francisco Salgado hijo de Catalina Belmonte son pescadores de truhas, angulas o pezes en el rio Miño, tiene cada uno de ellos su barquichuelo.
“Pregunta 38. Clerigos.
“dos curas, un abad”

Etiquetas: ,

05 novembro 2008

Amigos e enemigos

Laura Caveiro é unha escritora en lingua galega. Cando tiña dezasete anos era a única persoa da súa clase de COU que falaba decote en galego, e facíao ao seu xesto, con humildade pero cunha pacífica férrea convicción.

Hai unha avogada en Compostela que fisicamente ten notable semellanza coa Laura Caveiro avogada en Vigo, se ben a de Santiago é máis xoven e dez centímetros máis alta. Ésta última en compaña do seu xefe de bufete, ben pensado máis valería dicir socio, estiveron a piques de estafar a un pobriño colega na venta dun piso con defectos estructurais. E iso que o pobriño colega - eu - tiña boa relación con ela, ata chegáramos a coincidir en reunións do COSAL. Salveime do inferno no día da escritura perante o Notario, e gracias aos consellos non só do fedatario público senón tamén do director da sucursal bancaria que nos ía dar a hipoteca, e que viron o percal. Houbo moitas testemuñas da absurda situación. Perdoo, pero non esquezo. Tres meses despois coñecín ao arquitecto que fixo o edificio, e felicitoume pola miña decisión.

Antonte cruceime na rúa coa taimada avogada. Eu sorrín e saudei, ela demudou a cor da faciana, mirou ao chan e marmurou algo, un saúdo cecais, ou non. Que máis da. Ao mellor estaría indignada comigo porque me neguei a asinar unha compra ata estares o piso en condicións de habitabilidade, ou ao mellor estaba avergoñada de nos mentir e tentar estafar. Alá ela.

(Estafar, estafar, verbo que asocio a estar canso, pero que non sei substituir polo pertinente en cuestión penal)

A xenuina Laura Caveiro tiña como nota mínima nos seus estudios o notable, adoitando estar o seu nivel no sobresaínte. Éu, que compartín con ela non só COU senón tamén algúns anos na Facultade, só lembro que suspendera unha vez. Asignatura: Historia do dereito español, que impartía o inclasificable xenro de Carl Schmitt, feito tal que demostraba sen lugar a dúbidas que a sona de Otero Varela - de aprobar e suspender á xente ao chou - era merecida.

Aquel verán corría o ruxe-ruxe de que se Alemaña gañaba o campionato do mundo de fútbol, o profesor, en homenaxe ao recén desaparecido sogro, daría aprobado xeral. Maradona encargouse de impedir a comprobación da hipótese.

Tralo simulacro de saúdo de antonte pensei na clásica teoría de Schmitt sobre os amigos e os enemigos. Supoño que haberá que combater as ideas e non ás persoas e que da xente con ideas máis reaccionarias se poden sacar ensinanzas. Di Schmitt que de non haber enemigos acabaríase a política... e acabaríase a avogacía engado eu. Certamente, que mundo tan feliz.

Etiquetas: , ,

13 setembro 2008

Consello de Gracián

Baltasar Gracián deixou dito que en tempos de tribulación non se debe facer mudanza.
Poia nesas andamos estes días, movendo caixas, achando papeis perdidos, decatándonos que nunha casa fican moitas máis cousas das que un podería pensar - e moitas delas ben inútiles.
Aproveitarei a circunstancia para facer limpeza. E cando teñamos cartos suficientes quixera facer unha brincadeira que me fai ilusión: mercar andeis para os libros - non é que sexan moitos, pero andan estrados polo chan - e ordealos pola orde alfabética dos autores.

Etiquetas:

04 abril 2008

Ménage à trois

É probable que no decurso da vida ésta che regale algún presente solicitado anos atrás. Supoño eu que esa podería ser unha explicación.
Non lembro o momento, de tal existires, onde eu pedín o desexo de non morrer sen ter practicado un ménage à trois. Calculo eu que cecais a altas horas da noite, no Maycar, no Ruta ou no Cactus, cando tentaba - case sempre con éxito - de esquivar as tentacións dos súcubos.
O feito é que dende hai case seis meses, e practicamente tódalas noites, durmo con dúas mulleres na miña cama. Tamén recoñezo que eu remato nunha esquina mentras as féminas ocupan case todo o espazo, e que elas pasan boa parte da noite nos seus asuntos, ben ledas as dúas, ignorándome por completo.
Debo dicir que a iniciativa de compartir leito foi, e segue sendo, da parte máis nova do trío. Eu non me neguei daquela, cando a curiosidade e o medo a cómo facer as cousas eran os principais ingredintes, e por conseguinte tampouco me queixo agora, cando a rutina xa está implantada na noite.
Despois de investigar un chisquiño na rede, descobrín que non me debo avergoñar do que pasa na miña casa polas noites, porque aínda que moita xente o nega é realmente algo moi practicado e mesmo totalmente natural. Hai quen chegar a dicir que é o máis desexable na nosa situación. Deixo un enlace onde se reflicte ben o que me pasa.

Etiquetas:

10 março 2008

Parabéns

no teu día
nesta data querida
moitas felicidades
moitos anos de vida


Etiquetas:

18 julho 2007

Once na aldea


Onte foi un día inesperadamente sobresaltado, que obrigou a chamadas intempestivas alén do mediterráneo e viaxes imprevistas cara o que fora no seu momento publicitado como o edificio máis alto do Estado. Na noitiña, xa na aldea, agardando que o tempo ao pasar vaia decidindo a vida, volvo distraer a cabeza co xogo dos once libros, na extensísima biblioteca parcialmente herdada. Eis:

1. "Amigos peligrosos". Peter Viertel. Ed. Ultramar.
2. "Philadelphia". Christopher Davis. Orbis et Fabra.
3. "Porriño: 1895-1995; Recuerdos de un siglo". Editado por Joyería Lorenzo.
4. "Los orilleros" "El paraíso de los creyentes". Jorge Luis Borges, Adolfo Bioy Casares. Ed. Losada
5."Los intereses creados" "La señora Ama". Jacinto Benavente. Espasa Calpe Argentina
6. "Cine de ayer cine de hoy". Rene Clair. Ed. Inventarios provisionales.
7. "Tregua para la orquesta". Fania Fenelon. Ed. Noguer.
8. "Esperando un respiro". Terry McMillan. RBA
9. "Tamiko". Ronald Kirkbride. Círculo de Lectores.
10. "Eduardo VIII". Frances Donaldson. Argos Vergara.
11. "Marxismo, Existencialismo, Personalismo". Jean Lacroix. Ed. Fontanella.

Etiquetas: , ,

17 julho 2007

Once libros

Vou preparar unha mudanza, e xa sei que aparecerán cousas inútiles, outras aparentemente desaparecidas, e dende logo, o volume a mover será inmesurablemente superior a calquer estimación prevista.
Antes de tocar os libros, fago un xogo, no fío do comentado por Punset de que para coñecer unha persoa podes ollar a súa biblioteca. Este experimento ten evidentes eivas: somos dous adultos compartindo espazo de libros; algúns deles están sen ler, e outros foron regalados, polo que non sempre amosan a personalidade dos propietarios senón dos doantes.
Pero alá vai: Escribo o nome do libro despois de contar once volumes, e así ata once veces:
1. "The Complete Benoni". Lev Pshakhis. Editorial Henry Holt.
2. "Historia de O. Retorno a Roissy". Pauline Réage. Biblioteca El Mundo.
3. "La aventura del tocador de señoras". Eduardo Mendoza. Círculo de Lectores.
4. "La maldición de los Dain". Dashiell Hammett. Libro de bolsillo, Alianza Editorial.
5. "El demonio vestido de azul". Walter Mosley. Anagrama.
6. "Paradojas y juegos". Nicholas Falletta. Gedisa Editorial.
7. "Trenes rigurosamente vigilados". Bohumil Hrabal. Ediciones Península.
8. "El compromiso". Elia Kazan. Editorial Bruguera.
9. "Bágoas de facer illas". Anxo Angueira. Edicións Xerais.
10. "Falar galego: no veo por qué". Ana Iglesias Álvarez. Edicións Xerais.
11. "Obra completa 2". Alfonso D. Rguez Castelao. Arealonga. Akal.

Etiquetas: , ,

08 março 2007

Regalo de cumpleanos

E que vexa eu moitos máis teus e dos teus (e meus).

Etiquetas: