06 novembro 2012

El País Galicia. Acto reivindicativo.

Hoxe convidáronme a dicir unhas palabras no acto reivindicativo a prol do cuadernillo de El País Galicia, representando aos lectores.

Este foi o meu texto:



Isto é un acto reivindicativo. Reivindicar significa “reclamar a cousa que é nosa”. Porque o cuadernillo de El País Galicia non é só dos excelentes profesionais que o elaboran – e que ven perigar o seu posto de traballo – senón tamén de nós: os lectores, a súa audiencia. Daqueles cidadáns galegos que non só lemos senón tamen mercamos un produto riguroso e plural: un digno exercicio da vella e necesaria profesión xornalística.

El País Galicia é noso tamén. Porque os seus lectores somos esixentes e pretendemos unha Galicia mellor informada, e polo tanto máis libre. Necesitamos, agora máis que nunca, a pluralidade informativa que El País Galicia ofrece; e ao tempo necesitamos o abano de opinións, diversas e interesantes, que se acubillan nas súas páxinas.

Os galegos non podemos menos que agradecerlle aos xornalistas de El País Galicia que nos informaran antes e mellor que ninguén dos despedimentos na Universidade de Santiago de Compostela, da Operación Retablo, de Xerardo Conde Roa, da Operación Campeón, das andanzas dos Carrumeiros, das peripecias en Melide, Boqueixón, Melón, Ourense e Lugo... dos supostos Valedores do Pobo, de Telmo Martín, das ourensanas sagas dos Baltar e San Rosendos, do Pemexgate, etc... Xornalismo de investigación sen sensacionalismos, denuncia fundada dos abusos dos poderes políticos... Se queremos merecer ser un país máis libre necesitamos El País Galicia.

O columnista de El País Galicia, Manolo Barreiro no seu último artigo intitulado A última troita, que desexemos non sexa o derradeiro neste xornal, dicía: “Abondan as cabeceiras xornalísticas mais escasea a pluralidade informativa crítica. A inmensa maioría dos nosos xornais ofrécense como distintas variantes dunha mesma cepa conservadora”.

Esa falta de pluralidade informativa na que ficaríamos de desaparecer El País Galicia permítenos parafrasear as durísimas conclusións de Juan Antonio Bardem nas Conversacións de Salamanca en 1955: A prensa galega sen El País Galicia sería: “Políticamente ineficaz, Socialmente falsa, Intelectualmente ínfima, estéticamente nula, industrialmente raquítica”.

Nestas datas de roldas de prensa sen preguntas, de comentaristas dóciles ao amo do seu señor, de editores que tentan emular a William Randolph Hearst (non poñendo guerras pero si poñendo gobernos) cómpre sinalar que esta reivindicación de hoxe a prol de El País Galicia non é unha elexía ou unha lembranza dunha realidade pasada. A situación actual non pode ser máis que unha paréntese a piques de rematar. Estas verbas son a esperanza nun traballo moi ben feito que ten que volver saír en papel para lectura de todos nós. Necesitamos El País Galicia e necesitamos a estes xornalistas.


4 Comentarios:

Anonymous Vigo said...

Entre todo temos que apoiar e defender o pais de Galiza.

Se non o fazemos, pasarannos por enriba.

PABLO

1:28 da manhã  
Anonymous Despedidas said...

E unha vergonha.

Temos que defende-lo noso.

ISA

1:29 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

[url=http://ivlkrwnnz.com]gXTDQZYnRC[/url] , WQxFqucrPmHSA , http://yuxeflk.com

4:52 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... cronometro gratis

11:13 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home