Farmacias. Ética
Aproveito un post de Ana Bande para falar dun asunto pendente: Ética.
Ética en canto sistema moral útil para tomar decisións na vida cotiá.
Hai cinco anos e medio e por mor dunha grave enfermidade dun neno dun ano de idade acudín moitas veces nun par de días ás farmacias da miña contorna. Había dúas a distancia semellante: a primeira pola Praza de Xoan XXIII e rexentada pola viúva dun director de cinema morto moi novo; a segunda coñecida pola súa negativa a vender preservativos e sita na Praza da Industria ( a protagonista da historia contada por Ana ). A miña escolla sempre foi acudir á primeira e por unha razón ideolóxica, supoño que banal e simplista, pero consciente: "prefiro gastar meus cuartos no negocio da familia dun pioneiro do cinema galego que incrementar a fortuna duns radicais opusdeistas que non lles importa a transmisión de enfermedades venéreas".
Fago un resumo: compráronse medicamentos moi caros nas dúas farmacias. Afortunadamente despois houbo unha modificación no diagnóstico que provocou un troco no tratamento e a inutilidade da medicación mercada. Solicitei a devolución ( os paquetes estaban sen abrir, claro) para recuperar o diñeiro e mentres a farmacéutica carca e retrógrada recollía as medicinas e dábame o seu importe, a farmacéutica intelectual (simplifiquemos así) negábase a facelo, volvendo eu para casa de novo cunhas medicinas inútiles e sen cartos.
Dilema: onde acudir as seguintes veces? Non volvín nunca mais pola farmacia da viúva do cineasta, seica despois foi traspasada. Vou sen problemas á da Praza da Industria. (Prefiriría que venderan condóns, no que supón de servizo aos clientes, pero xa que é ben doado conseguilos a escasos metros, alá eles se non querer facer negocios co latex)
Outro dilema: Tras o peche de Pascual en Outeiro de Rei decidín non volver mercar alimentos desa marca. Supoño que non fun o único porque na actualidade en moitos supermercados hai abondosas ofertas rebaixadas deses productos. Qué facer?
Ríome só: mentres o mundo párase polo volcán islandés, mentres a xudicatura española incorre en sucesivos ridículos, mentres CR9 anuncia unha bebida isotónica, mentres a economía española segue en recesión, eu ando a cavilar sobre a escolla entre Pascual ou Clesa.

Etiquetas: casa
2 Comentarios:
Nunha ocasión, sendo bastante máis novo, por aquilo da explotación en Asia, decidión que os meus seguintes tenis non serían nin Nike, nin Adidas, nin nada de marcas desas, e buscaría outra orixe. Non foi posible. Todos na tenda eran "Made in China" menos os "Made in Vietnam" que merquei.
A capacidade proactiva do consumidor está tremendamente limitada moitas veces, pero o feito de plantexarse as connotacións éticas, ademáis das outras, entre varias opcións de compra, xa nos afasta un pouquiño da culpa de ser coma o gando que come o que lle botan.
O sector farmacéutico é dos máis retrógrados deste país, e o digo por experiencias case propias. Sei de profesionais que asqueados polo abafante e rancio corporativismo desta xente abandoou a súa profesión e agora traballan como conserxes ou perruqueiros. Non é certo que non podamos facer nada como consumidores. De feito na farmacia da Praza da Industria, e a xulgar pola dinosauria que me atendeu, fun a primeira en pedir unha folla de reclamacións. Ninguén a pide en ningures. Ninguén esixe, nin reclama. Só latricamos e latricamos do mundo tomando as cañitas pero de coller o boli e escribir e pelexar polos nosos dereitos, ná de ná. E así nos vai. E iso nestes tempos nos que o que diga o cliente vai á misa. Eu creo que debemos denunciar estas situacións,primeiro polo via regulamentearia e logo espallando en voz alta estes casos como o estamos a facer agora.
Enviar um comentário
<< Home