04 abril 2008

Ménage à trois

É probable que no decurso da vida ésta che regale algún presente solicitado anos atrás. Supoño eu que esa podería ser unha explicación.
Non lembro o momento, de tal existires, onde eu pedín o desexo de non morrer sen ter practicado un ménage à trois. Calculo eu que cecais a altas horas da noite, no Maycar, no Ruta ou no Cactus, cando tentaba - case sempre con éxito - de esquivar as tentacións dos súcubos.
O feito é que dende hai case seis meses, e practicamente tódalas noites, durmo con dúas mulleres na miña cama. Tamén recoñezo que eu remato nunha esquina mentras as féminas ocupan case todo o espazo, e que elas pasan boa parte da noite nos seus asuntos, ben ledas as dúas, ignorándome por completo.
Debo dicir que a iniciativa de compartir leito foi, e segue sendo, da parte máis nova do trío. Eu non me neguei daquela, cando a curiosidade e o medo a cómo facer as cousas eran os principais ingredintes, e por conseguinte tampouco me queixo agora, cando a rutina xa está implantada na noite.
Despois de investigar un chisquiño na rede, descobrín que non me debo avergoñar do que pasa na miña casa polas noites, porque aínda que moita xente o nega é realmente algo moi practicado e mesmo totalmente natural. Hai quen chegar a dicir que é o máis desexable na nosa situación. Deixo un enlace onde se reflicte ben o que me pasa.

Etiquetas:

2 Comentarios:

Blogger vermella said...

Nós na cama somos catro,eu a privilexada de durmir con tres homes,Como se chamará? ménage á quatre?
Os cursiños de cociña impártense no concello de Oleiros,A Coruña.....
saúdos.

6:40 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

os paxaros reunen nun só niño a tódolos pitiños.

2:31 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home