23 novembro 2009

Fede

Farto estou do ambiente ao noso redor. Farto dun goberno que só adica esforzos en deconstruír o feito nos tres anos anteriores. Farto do pouco sentido de país que temos, absortos en localismos estúpidos e da falta dun proxecto estratéxico común: fago listaxe: Alvedro e Peinador, Porto exterior da Coruña, Cidade da Cultura, Facultade de Medicina, Losada e Caballero...
Cheo de medios de comunicación que pretenden (ás veces consígueno) pór gobernos, mancar aos enemigos... medios que lle damos máis valor do que teñen, confundindo - como noutras cousas da vida - o tamaño coa eficiencia.
Fede o aire e a xente acostumada xa non se queixa.
Nun país normal, normalizado, o recorte bestial orzamentario previsto ás Universidades públicas galegas debería erguer de indignación a un amplo espectro transversal da xente informada. Eiquí non pasa nada.
Pero quero escribir a miña indignación. Para cando amaine o temporal, cando dentro de tres anos poidamos despedir a esta xente, ter memoria apuntada para lembrar canto sufrimos, para tentar non repetir os mesmos erros.

Etiquetas:

1 Comentarios:

Anonymous Ninsesabe said...

Dentro de tres anos, meu amiguiño, outro tanto do mesmo.
Xa verás como si.
De todas as cousas que citas, sen entrar nos recortes presupustarios (e logo, que pensaba a xente?) hai un par delas que me irritan especialmente. Son o Porto Exterior de A Coruña e a Cidade da Cultura.
O primeiro é un caso imposible de entender: están a facer un porto nun sitio absolutamente inapropiado, tendo ao ladiño, en Ferrol, outro que vai a servir exactamente para o mesmo. Por moitas voltas que se lle de non se lle atopa ningún sentidiño.
Do da Cidade da Cultura, xa mellor non falar. Pero neste caso todos, absolutamente todos (menos ti e máis eu...) son culpables. Uns por facela e outros por non desfacela.
Dijo eu.
¿Ou non?

10:39 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home