08 outubro 2009

Müller e misceláneas

Eu se escoito ou leo Müller só penso no "Torpedo", no compañeiro de Maier e Beckembauer.
Hoxe, contra o mediodía souben da existencia dunha escritora chamada Herta Müller porque lle concederon o Premio Nobel de Literatura.
A miña ignorancia é infinita.

Outro apunte, curioso, sobre literatura. O pasado xoves, nunha "viaxe lóstrego" o noso anfitrión, madrileño, comentou que a novela que máis lle gostara das que lira neste ano foi "La playa de los ahogados", a de Domingo Villar ( en castelán, claro). Dixo que cando volte por eiquí intentará achegarse aos sitios onde discorre a novela. Turismo literario... interesante.

Turismo co permiso da AMI: vinlles en Vigo o segundo mellor grafitti que lembro: "Turistas fora da Galiza", aínda que non chega á altura da que aledaba o Tarasca: "Sito Miñanco: Preso político".

Etiquetas: ,

2 Comentarios:

Blogger Hipatia said...

Amigo Bouzafria, todolos presos son políticos e sito miñanco máis se cabe. En canto ó nobel de literatura se fósemos máis espabilados veríamos k a noticia do nobel a dou a wikipedia unha hora antes do comunicado oficial polo k as apostas _hoxe apostátase por calquera cousa gracias a dios- pasaron de 50/1 a 7/1 en poucos minutos. Ke lle vamos a facer... os tempos mudan máis rápido k a nosa pereza.

http://www.larazon.es/noticia/herta-m-ller-un-nobel-para-recordar-la-caida-del-muro

11:15 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Hipatia, vostede está estes días de moda, reencarnada no magnífico corpo de Rachel Weisz.
E gosto moito do xogo de palabras: apóstase-apostátase, vese que está en forma.

1:46 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home