O baile dos vampiros
Paseino moi ben, hai xa tempo, vendo "O baile dos vampiros", película dirixida por Roman Polanski. Chinatown, despois, foi tamén unha grande película, digna herdeira do arte de John Huston, de Howard Hawks.
Hai barullo estes días porque seica apreixaron a Roman Polanski en Suíza, por mor dunha vella orde de detención a causa de ter sido condenado pola violación (dificilmente son capaz de atopar outra verba para definir o que pasa despois de emborrachar á víctima) dunha nena de trece anos.
Que o acusado dun delicto sexa famoso non é atenuante ningún. Sobre o tempo que pasou dende o día que foi cometido o noxento feito, ou o dictado da sentencia, remítome ás leis procedentes en materia de prescripción. Que a víctima cobrara indemnización do artista non lle perdoa as culpas (por suposto non as xurídicas, descoñezo a lei americana).
Indígnanme os manifestos pro liberdade de Polanski polo mero feito de seres "artista e cidadán francés de renome internacional".
Unha consideración persoal ( e pouco cristiana) : estos delictos deberían ser imprescriptibeis xuridicamente e imperdoabeis moralmente.

2 Comentarios:
Totalmente de acordo, por moito Polansky que sexa. Que cumpra coa xustiza, aínda que resulta un pouco estrano que poda moverse con total liberdade (con premios incluidos e celebracións populares) por todo o mundo cun delicto como este sobre os seus ombreiros, coñecido ademáis urbi et orbi.
"...estos delictos deberían ser imprescriptibeis xuridicamente e imperdoabeis moralmente." Dios santo!!, k fixo este home para estar a altura de Bush ou de José Mari.
Enviar um comentário
<< Home