(Con) fusión
Escoito na radio, perplexo primeiro e indignado despois, as verbas de Alberto Núñez, presidente de Galicia, que sinala que a responsabilidade do que resulte do problema das caixas de aforro galegas será de tódolos axentes sociais implicados. Ese xeito de escorrer o vulto, de non querer asumir os custes das decisións que por causa do cargo hai que tomar ( e por ende, pretender non tomalas) resúltame moi paradigmática da ideoloxía neoliberal española (sen complexos) que están a gobernar nalgunhas comunidades do Estado.
Ese (des) goberno caracterizado pola inacción política pública, na esperanza (Esperanza) de que o tempo e os mercados decidan o para eles correcto. E a desacomplexada estratexia de efectuar accións favorecedoras do privado (na escusa intelectual de que hai que adelgazar a administración) coa evidente pretensión de cumprir o consello dos seus maiores, posto en práctica na época de "extraordinaria placidez", aos nosos ouro, aos indiferentes pao, aos inimigos chumbo.
A cuestión anda agora sobre as dúas caixas de aforro públicas galegas que arestora existen no país.
As "forzas vivas" do norte galego, coordinadas pola Voz de Galicia, presionan a favor da fusión das entidades, co cálculo evidente que o maior tamaño de Caixa Galicia redundará na hexemonía norteña do resultado subseguinte. En Vigo, opóñense polos mesmos motivos a sensu contrario, tomando parte dende o insoportable e engolado alcalde que estamos a sufrir ata os radicalmente dereitosos membros da Cámara de Comercio dirixidos por Pepe García Costas
Os que saben disto comentan que tamén está en xogo a posición privilexiada dos dirixentes actuais. E moitos esquecen que se está a decidir sobre a viabilidade de case dous mil postos de traballo.
Achamos en falta números concretos que xustifiquen diagnósticos e pola contra coidamos abondosa de máis a retórica esgrimida estes días. Sen datos explicados é comprensible que a cidadanía opte por acudir aos atávicos localismos, tan estúpidos, e tome parte dependendo da veciñanza.
Na paisaxe, no horizonte, obsérvanse as futuras eleccións municipais. Máis barullo, máis ruído. O escrutinio das opinions dos representantes de PP,PSOE e BNG en Vigo e Pontevedra (en menor medida Ourense) será máximo; e o mesmo cabe dicir na Coruña (Ferrol, Santiago e Lugo máis difusos).
Esta semana reunións. Atentos.

Etiquetas: política
1 Comentarios:
Moi boa entrada, moi boa.
Efectivamente, o noso presi ten por costume esixir a todo dios responsabilidade, etc. etc. ¡Como se a cousa non fose con el!
No tocante ao tema das caixas debo confesar o meu profundo descoñecemento do tema. No obstante teño unha cousa clara: non me creo nada. Quero dicir, que todos fagan tantos sacrificios pensando só en Galicia...Por outra parte observo que os argumentos empregados polos partidarios da fusión (evitar unha fusión con caixas de fora e, en consecuencia, que o os centros de decisión e o propio capital "fuxan" da terra,é dicir, de Galicia) é no fundo exactamente o mesmo dos contrarios á fusión (para evitar que os centros de decisión e o capital "fuxa" da súa terra, do sur de Galicia, léase Vigo, e vaian parar a fora, léase A Coruña).
Así que uns e outros queren ou rexeitan a fusión apelando ao mesmo: defender os intereses da súa terra.
Polo menos curioso.
Digo eu.
¿Ou non?
Enviar um comentário
<< Home