Pekín
Tiven a ocasión nestes días de falar con dúas persoas que estiveron nos Xogos Olímpicos de Pekín, ou Beijing que adoita ser o xeito de nomear agora a capital da China.
En ámbolos dous casos chegaron abraiados: onde antes estaban casiñas pequenas e miles de bicicletas agora hai rañaceos e nas rúas Mercedes e BMWs.
A organización foi modélica, no sentido de correcto funcionamento das cousas: miles de "voluntarios" facendo rápida e disciplinadamente a súa laboura.
Un dos meus interlocutores, o menos novo, non lonxe da idade de xubilación, ía máis alá, extraíndo conclusións sociopolíticas: "A preponderancia da sociedade occidental chegou ao seu fin. A época da Europa burguesa rematou. Chegou un cambio de ciclo. O futuro máis inminente é chinés: millóns de persoas traballando arreo catorce horas diarias por trescentos euros ao mes significa que a futura capital económica mundial é Pekín".
Ante tal perspectiva principarei a pescuda de clases de chino mandarín, para estar xa preparado para cando me deslocalicen.

Etiquetas: política
3 Comentarios:
Pois aquí ten outro catastrofista lúcido: http://www.elpais.com/articulo/opinion/verano/cambio/prioridades/elppgl/20080912elpepiopi_12/Tes
É certo que Ramoneda non tiña o día especialmente optimista.
Por certo, como non fun capaz de abrir directamente o link que me enviou tiven que ir ao arquivo de El País. Despois de ler a Ramoneda fun atraído por unha carta ao Director asinada por Miguel Marías, Guerin,Víctor Erice e seica bastantes máis poñendo podre ao crítico Carlos Boyero. Supoño que vaise armar unha ben grande: non hai máis que mixturar na coctelera os seguintes ingredientes: cine de autor, censura, vinculación de empresa con crítico, arte, arte non comprendido. Ao cabo, non pasou máis que a sinalización por parte de Boyero que houbo certas películas en Venecia que o aburriron.
Perdón por no utilizar el gallego, pero no lo domino.
Efectivamente el ominoso "peligro amarillo" de la guerra fría, era cierto. Una sociedad de tantos cientos de millones de individuos acostumbrados a obedecer sin más, a trabajar jornadas propias de esclavos por sueldos miserables, a ver en el capitalista a un modelo a imitar, presagia un futuro terrible no sólo para la sociedad del bienestar, que a lo mejor es injusta con el resto de la humanidad, sino también para una economía sostenible que valore con justicia el trabajo.
O mucho me equivoco o el modelo económico chino de crecimiento se va a imponer en todo el mundo, porque favorece al capital. Es más: es el capitalismo auténtico, el más salvaje que ha visto la humanidad.
Enviar um comentário
<< Home