Pequeno laio sobre a Xustiza
Sei, porque a padecín nove anos dende un dos lados do estrado, que a Xustiza en España non vai cega como a súa representación gráfica. A algúns xuíces impórtalles, e moito, quen son os xusticiabeis, se teñen cartos ou non e a posición na escala social dos comparecentes.
Onte Zapatero e Rajoy laiábanse fariseicamente indignados pola multa imposta ao xuíz Tirado, o do caso da nena Mari Luz.
Como un ten, e outro tivo, responsabilidades no goberno do Estado, permítome lembrarlle aos dous que mellor irían as cousas nos Xulgados se as baixas de persoal foran automaticamente cubertas, se os aparellos informáticos non foran tan vellos, se houbera un mínimo control nos horarios de entrada e saída dos funcionarios, secretarios e xuíces; se non se permitira que algúns traballadores abafen baixo decenas de kilos de expedientes, amoreados en inmensas columnas ao seu carón.
Os dous deberían saber que o maior retraso na impartición das sentenzas está na demora da súa redacción, o que engadido ao feito da existencia dalgún procedemento máis xurídico que fáctico (os contenciosos, por exemplo) implica que un hipotético incremento no número de xuíces (non é tan necesario no caso dos funcionarios) aliviaría sustancialmente o panorama das cousas.
O xuíz Tirado foi responsable, como xuíz encargado de facer e non o ter feito, da non carceración do asasino de Mari Luz. É probable que os seus autos estiveran agachados baixo unha pila de asuntos pendentes, agravada a situación polo feito da non existencia de acusación particular que vixíe o descorrer do procedemento de execución da sentenza. É posible que o funcionario encargado daquel asunto estivera de baixa por enfermidade, ou de viaxe nas vacacións, e por conseguinte, o asunto estaba parado.
O xuíz Tirado foi castigado. O estrano, moi estrano, é que non pasen máis desgrazas como aquela máis a cotío.
Este é un terreo onde a clase política ten moi doado o acceso á demagoxia e a situarse ao carón do cidadán asustado e anoxado. Aproveitarán estos sucesos (Huelva, Betanzos) para reclamar e efectuar algunha medida cosmética na xudicatura ou nas oficinas xudiciais para maior groria do siciliano Lampedusa.
A vantaxe do asunto é que o remedio non é tan complicado; o defecto da solución é o prezo: moi alto, porque non é máis que pór cartos: cartos para as nóminas de máis xuíces, cartos para un sistema informático coordinado.

Etiquetas: xustiza
3 Comentarios:
Creo que son as primeiras liñas con sentido que leo sobre este asunto. Parabéns.
Habaría que añadir a falta de defensa institutional dun xuiz, con responsabilidade, sí, pero que ten dereito a que non o dilapiden antes de tempo por parte sobre todo dos medios de comunicación que se centran demasiado no punto de vista das víctimas sen fixarse noutras partes do problema. ¿Qué sería de nos se a xustiza fora impartida polas víctimas? Elas teñen dereito a pasar pola súa dor e ó respeto por parte de todos, pero non podemos deixar nas súas mans o castigo dos culpabeis, porque se non volveríamos a sociedades mais primitivas onde impera o "ollo por ollo, dente por dente". Habería que depurar responsabilidades no solo do xuiz, senon tamén, das administracións competentes que deixan que os xuzgados se sobrecarguen por riba das súas posiblidades e obrigan os que traballan nel a soportar un traballo que excede do humanamente aceptable e non adopta os mecanismos adecuados para a súa modernización. Tan só indicar como exemplo que temos unha Lei de Axuizamento Criminal do século XIX, con innumerables incongruencias polas sucesivas reformas e parches que presenta e a que ninguén se atreve a incar o dente.
Disculpen polo meu pésimo galego
Primeiro de todo. Dende cando hai que desculparse por usar o galego? Gracias a vostede polo esforzo. Eu escóitome a min mesmo moitas veces falando castrapo, e ben fachendoso estou de elo, pois sei que dentro dalgún tempo poderei escribir ou falar un galego mellor ou cando menos máis semellante ao que usaban meus antergos mortos: meu pai, meus catro avós, meus oito bisavós...
Nada fixo máis dano ao galego que as caricaturas aos que usabamos castrapo, aos que tentabamos iniciarnos na difícl arte dun idioma que non está na meirande parte dos medios de comunicación da túa entorna.
Por outra banda, estou completamente de acordo co que vostede di: Nun xuízo sobre asasinato celebrado en Compostela haberá oito anos, o fiscal do caso, Sr. Malvar, díxolles aos membros do Xurado: "Pensen que a víctima é a súa filla". Non, coño, xustamente iso non. Se a morta fora a miña filla o que eu desexaría sería a morte máis terrible para o acusado. Pero para iso está a xustiza, para afastar aos acusados dos achegados das víctimas, que non poden razoar, ou razoando, tomarían decisións que teñen máis que ver coa comprensible vinganza máis que a impartición da Xustiza.
A administración de xustiza ten varios problemas: dando por sentado que a porcentaxe de nugalláns nela será igoal que no resto de ministerios, eu creo que dificilamente as cousas mellorarán se non se poñen cartos para informatizar e coordinar tódolos xulgados e para duplicar o número de xuíces. A tardanza na xustiza non está nos prazos, senón na redacción das sentenzas.
Gracias, r.r., coma sempre pola túa xenerosidade.
Enviar um comentário
<< Home