Bolt ou Phelps
É necesario que pase algo de tempo para ir escanciando as sensacións. Agora teño claro que o vencedor de Münich 72 foi Mark Spitz ou que en Montreal 76 a vencedora foi Nadia Comaneci, coma antes en Roma 60 fora Abebe Bikila ou en México 68 os 8,90 de Bob Beamon.
Quen resistirá mellor o paso do tempo? O velocista xamaicano ou o nadador estadounidense? Chi lo sá, máis a min maior impresión causoume o primeiro, devorando o ar, con capacidade de chegar ao límite das capacidades humanas. Usain Bolt foi o Rei dos xogos. Digo.
Quen resistirá mellor o paso do tempo? O velocista xamaicano ou o nadador estadounidense? Chi lo sá, máis a min maior impresión causoume o primeiro, devorando o ar, con capacidade de chegar ao límite das capacidades humanas. Usain Bolt foi o Rei dos xogos. Digo.
Etiquetas: deportes
2 Comentarios:
É curioso... Os que vivimos nesta illa sentimos que o rei dos Xogos foi Chris Hoy.
Pero eu, entre Bolt e Phelps, voto por Phelps. E iso que todo me une a Bolt.
Non digo que o do escocés non teña mérito, pero o dos outros dous é alucinante. O nadador supera a Mark Spitz e o corredor zámpase comodisimamente récors estratosféricos (alucinante que o de Michael Johnson en 200 metros xa esté superado). Para saber quen vai quedar como icona destes xogos haberá que agardar algo de tempo: que non haxa sorpresas nos controis anti-doping, e que non teñan moita competencia nos anos vindeiros. Bob Beamon non é un clásico só polo feito dos 8,90 senón tamén porque tiveron que pasar 23 anos para que murchara aquela marca, por certo, na máis emocionante sesión de atletismo que eu vin nunca (pola tele, claro), onde daba a sensación que en cada salto íamos presenciar milagres... e era certo.
Unha vantaxe de Bolt ou Phelps sobre Hoy: Atletismo e Natación son os deportes canónicos das olimpiadas; o ciclismo non está mal pero non é comparable cos dous deportes máis importantes nesas datas.
Enviar um comentário
<< Home