19 setembro 2008

Canso

Estou canso e aburrido: como razoar con eles non é posible pode que sexa hora de calar... ou non. Unha activista de Galicia Bífida (agradezo a ofuco a invención) pensa emigrar a Salamanca: que a viaxe lle sexa leve.
Na reunión de nais e pais coas profesoras o pasado martes no colexio público onde van os nenos, unha megapija (con algunha simpatía ao redor) suxiriu que as profesoras non insistiran en dar as clases correspondentes en galego. Seica houbo réplicas que lembraron cando menos o imperativo legal ( gracias D. por empezares ti).
Unha persoa a que admiro moito comenta que os que teñen fillos son uns frikis: non lle falta razón, mesmo para conducir necesítase un mínimo de preparación (pouca polo que vexo tódolos días nas estradas) pero para traer fillos ao mundo vale calquera. Nótase, nótase cando hai pais que voluntariamente rexeitan darlle coñecementos aos fillos, darlle bos valores, darlle bo exemplo.

Antonte pola noite, no Telediario de TVE1 o presentador, Cantero, falaba non sei de que e dixo que tal cousa pasou en Sanxenxo. Rectificou rapidamente: "Sanjenjo queriamos decir".

Eu non digo nada.

Etiquetas: ,

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Pois é para dicir e non parar. Pero tes razón, mellor calar.
Ó mellor tes razón tamén no dos fillos, e resulta que habería que ter un carnet para poder ser pais.

9:10 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Se houbera carnets todo quisque suspendería. Ao mellor non era mala idea.

12:10 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home