Festas gastronómicas
Un dos personaxes de Georges Perec, moi rico, decidiu vivir do seguinte xeito: Aprendería a técnica da acuarela durante 10 anos, despois daría a volta o mundo durante vinte anos pintando mariñas , que feitas, serían enviadas a París, onde un artesán convertiríaas en puzzle. Rematada a viaxe, voltaría a casa, onde lle agardaban os crebacabezas e outros vinte anos máis agardando a morte e recompoñendo os puzzles que el mesmo creara anos atrás. Así viviu.
Onte selei con ilusión a bonoloto: Se me tocara xa teño pensada a miña vida de millonario: Daría a volta a Galicia seguindo a rota das festas gastronómicas. Tamén faría un blog onde comentaría o ambiente e calificaría as ambrosías. É ben posible que a morte me atope, anos despois, antes de dar por finalizada a tourneé, porque de certo que habería algunha festa aínda por visitar, pero polo menos estaría satisfeito de ter vivido e morrido como galego.

Etiquetas: Galego
7 Comentarios:
teña coidado, non debe ser bo arrexuntar tanto colesterol
Quen me dera... se ese fora o motivo
Pois levariache o seu tempo porque festas gastronómicas hai unha enchenta delas.
Dende logo, fame non ías pasar.
¡Vostede toleou! Se temos á xente cheíña de "coresteró" e "gliceritos" e "acidúrico" dende a adolescencia con só ir a un par delas e xantar (ademáis) a diario, aposto que non hai home que sobreviva a semellante tournée máis dun par de anos.
¿Ve vostedeo que lle eu dicía?, mire, mire
E iso que o jicho este ía de fino. ¿Ou iso será máis insano que comer a cobadazos?
Non é mal plan para desfrutar da lotaría.
Mal plan non é. O caso é que toque.
Enviar um comentário
<< Home