26 novembro 2007

O espectáculo do outono


Volvo contemplar, sempre marabillado, o precioso espectáculo anual dos ginkgos bilobas do Campus Sur de Compostela. Ao chegar o outono dóuranse as súas peculiares follas, e vagariño van caendo sobre a herba, formando unha mesta alfombra de dúas cores. Levo vinte anos vendo isto, e non me canso.
En Compostela, aparte dos catro ginkgos do Campus Sur, tres no estanque e un femia no xardín do Rodríguez Cadarso, coñezo a existencia doutro na Biblioteca Xeral, e doutro no aparcadoiro do D.I.A. en Vidán. Recoñezo a miña pequena obsesión con esta árbore, sobrevivinte aos maiores pecados.

Etiquetas:

10 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

A historia de k sexa única no seu xénero ou k teña unha vida milenaria ou k sobrevivise algún exemplar á bomba atómica ou k as suas propiedades medicinais poidan curarnos pupas, non deixa de facer menos desesperante non velo medrar apenas. Fai anos regaleille un a meus pais e en seis anos apenas medrou unha cuarta, pero é verdad k da certa melancólica paz velo mudar cas estacións e pasar dun pelado garabullo k parece morto a un feliz arbusto cheo de verdes follas, xusto o contrario do noso mudar.

1:12 da tarde  
Blogger R.R. said...

Pois xa da outra vez (se non houbo máis) que falou del quixen saber cal é, que eu vivín alí en San Lourenzo, pero non me dou enterado. Xa podía ilustrarnos o post cunha fotiño...

¿Sabe se son doados de conseguir, Hipatia?

9:17 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Feito, r.r.
E ¿canto costa un, Hipatia?

9:52 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

O k eu lle regalei a meus pais media uns dous metros e costoume 80 euros na venta de plantas que hai na saída de Compostela cara á Estrada, xusto antes da gasolineira. Por internet vexo q un arbol duns 30 cm. anda sobre 14 euros. Neste enlace podes ver fotos do ginko k son moi fácilmente identificables pola sua folla acorazonada. (En santiago hai bastantes, eso si pequenos, mesmo enfrente da xunta hai varios.)

http://www.xs4all.nl/~kwanten/espindex.htm

11:02 da manhã  
Blogger R.R. said...

Ah, xa me dou conta. Ben perto dese da foto hai unha árbore que en tempos, prestaba unha das súas polas coma perfecta hamaca.

Tentarei facerme cun exemplar axeitado para a horta...

5:24 da tarde  
Blogger R.R. said...

Contaxioume un pouco a obsesión. Acabo de mercar semente en ebay. Xa lle direi cómo vai e ata lle mandarei foto. A ver se se me dá.

Se queren a ligazón, pídana.

5:36 da tarde  
Blogger bouzafria said...

As miñas obsesións son contaxiosas. Pero a causa é fermosa.
Todos os anos penso en facer un seguimento fotográfico diario da evolución no outono destas árbores. "Mañana,(...) respondía; para lo mismo responder mañana".

1:12 da tarde  
Blogger R.R. said...

¿Sabe qué peli me lembra? "Smoke". Se non a viu, ¡veña, non espere!

Dios, qué chulada de idea. Iso penso facelo eu tamén coas poucas árbores da horta ou coa Fraga do Vinte, que é ben fermosa, pero sabe qué pasa: que eu esas cousas acabo escribíndoas. Co da figueira, de feito, xa ando.

Se o fai, comuníqueo, ou abra un fotolog deses. Un visitante seguro xa sabe que o ten (¿non ve que ata marquei a casilla esa de seguimento deste post?)

¡Saúde e feliz outono! ¡Aproveite que queda nada!

1:21 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Foi vista no seu momento, non lembro moito, só a anécdota de Sir Walter Raleigh, ou a convincente infinita tristura de William Hurt, un actor que me encanta. E non caira ata ao seu aviso, que certamente, alí tamén se facía un seguimento fotográfico diario.

O outono é a estación máis fermosa para a vista, coa súa gama de cores pardos e ocres.

Cambiando de tema: síntolle ben que onte pola noite estivera decepcionado. Confésolle que eu me din de baixa como socio do Celta aos tres meses de chegar Lotina - aínda que seguín indo ao estadio ( masoca que é un): motivos económicos (moitos cartos entre viaxes e abono) e de saúde: pasei de gozar co fútbol a padecelo. Considéroo o responsable do descenso de hai catro anos, que xa se viña anunciando na aparente exitosa campaña anterior.
Non entendo como o Deportivo contratou a ese adestrador: xa sei que semella boa persoa, pero tamén o é o meu tío Antonio e non por iso o contrata un equipo de fútbol.

De tódolos xeitos, os males dos nosos equipos son máis profundos e levan o nome doutras persoas.

1:56 da tarde  
Blogger R.R. said...

Sen dúbida (o do outono). Para min tamén o é, igual que a luz de setembro é a máis fermosa do ano, porque non queima as cousas senón que lles dá corpo. E se aínda por riba empeza a encherse todo de cores... Outono. Si señor. Teño ganas de preparar unha viaxe a un dese outonos espectaculares (aquí xa fun pola ribeira do Miño e os cañóns do Sil, polo Courel e os Ancares) que se ven nas fotos: centroeuropa, os iuesei... Pero fai falta pasta, tempo e canguros.

Sobre o do fútbol... eu non teño remedio: 26 anos de socio e non me darei de baixa ata que desapareza (cousa que non ha de tardar en ocorrer como siga así). ¡Ata fun socio o ano que vivín en BCN! (pero non viña ós partidos, ¿eh?). E cando estaba en Santiago, case sempre viña, si, confésoo. A escusa era visitar ós pais, ou as dúas cousas xuntas eran motivo para ires á casa. Gústame moito encontrarme cos amigos e coa familia, ir ó estadio, tomar unhas cervexas. Se o partido é malo, sempre nos queda a conversación.

E o de onte, pois nada, era o esperable. De tódolos xeitos, este ano perdemos moito pero nos aburrimos menos, polo menos intentan xogar ó fútbol. E eu, de momento, teño confianza. E se non... pois nada. Eu xa os vin ata en 2ªB, así que, se non desaparece, seguirei sufrindo (pouco, eu sonlle máis ben de pasalo ben no campo).

¡Saúde! (e que para o ano teñamos que discutir sobre un derbi, ¡e que sexa en 1ª!)

2:13 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home