O día do meu aniversario.
O día do meu aniversario de hai tres anos e medio foi un xoves de inverno. Tres días despois íanse celebrar en todo o Estado eleicións ao Congreso e o Senado. Semellaban ser emocionantes porque o partido no goberno necesitaba maioría absoluta se quería seguer no poder xa que fora queimando tódalas pontes co resto de partidos. E o principal partido da oposición tiña máis doado posibles pactos postelectorais, pero o seu candidato expresara a súa vontade de só formar goberno no caso de gañar as votacións.
O día do meu aniversario despertoume a radio, un programa dirixido e presentado por Iñaki Gabilondo. Á media hora aproximadamente chegou a noticia dunha explosión nunha estación de ferrocarril de Madrid. Descoñecíase a causa. Ao poco rato comunicaban novos estoupidos. Semellaban ser bombas. A emisora de radio que eu estaba a escoitar ía pingando as cifras de mortos, que non parecía rematar.
O día do meu aniversario, cando saín da ducha, pensei que o partido que estaba no goberno ía sacar maioría absoluta, porque a experiencia demostra que en situacións de grave emerxencia a poboación arrímase ao poder, buscando seguridade e certezas.
Cando cheguei ao meu traballo recordo ter discutido coa miña socia daquela sobre a autoría dos crimes. "ETA" dicía ela. "Islamitas" dixen eu. Dixen aquilo porque non consideraba que ETA fora capaz de ter semellante infraestructura nin militantes para atentar de forma tan organizada. A experiencia dos anteriores meses demostrara a infiltración da policía no seu aparato. Era imposible mover tantos efectivos sen que o Estado se enterase. Ademáis a favor da autoría dos islamitas estaba o feito de que os atentados seguían un ritmo semellante aos de Nova Iork e que había un "casus belli" contra o Goberno do Estado, que estupidamente se posicionara a favor dunha guerra inxusta e ilegal.
O día do meu aniversario, polo serán, falamos co meu cuñado, que vivía en Londres. Na consternada Europa ninguén dubidaba de que os autores da execrable tropelía eran os de Al-Qaeda. Namentras, en Madrid, o ministro do Interior, mantiña a tese de ETA.
Pasado o tempo soubemos que o partido do goberno fixo un cálculo rastreiro: "Se a sociedade pensa que os autores foron os da ETA gañamos as eleicións; se a sociedade pensa que foron os moros , perdemos". Cálculo rastreiro e probablemente errado: esqueceron o consello de Baltasar Gracián, de non facer mudanza nas épocas de tribulación. Na era da internet non é doado manter unha mentira moito tempo. O goberno en funcións actuou con baixeza moral, tentando mentir aos cidadáns, tentando sacar proveito ( como antes, como despois ) dun atentado terrorista, o que provocou que un amplo sector da poboación, xa farto, de cotío abstencionista, decidira aquel domingo ir votar... e castigar aquel goberno.
Durante os meses posteriores aquel partido que perdeu o goberno, máis codiciosos "xornalistas" afíns seguiron afirmando contra todo sentido común a participación de ETA nos atentados, pretendendo salvar aos personaxes que máis se involucraron na mentira daquelas horas: o anterior presidente do goberno, o candidato a presidente, o ministro do interior, a ministra de asuntos exteriores, a ministra de educación.
Probablemente mañá saia a luz a sentencia recaída no procedemento penal iniciado para castigar aos autores dos atentados que estragaron para sempre ducias de vidas humanas e a felicidade do día do meu aniversario. Os que mentiron daquela seguen a mentir hoxe. Nun Estado civilizado eses individuos levarían tempo nas galeras, lonxe da vida pública, no ostracismo ata que pediran perdón.
Pero o Estado do que eu teño pasaporte non é civilizado, nin tén unha boa democracia. O Estado do que eu teño pasaporte, España, segue, por exemplo, mantendo cadáveres nas cunetas das estradas setenta anos despois de seren asasinados.
Mañá haberá unha sentencia condenatoria ( así se supón logo de seguer na cadea os acusados, por riba do tempo de prisión provisional ) e aqueles que mentiron onte negarán mañá ter dito todas as trolas que levan contado.

Etiquetas: política
3 Comentarios:
Así mesmo. Qué vergoña.
Eu só mo crin durante tres segundos, até que deron as cifras de víctimas civís. Despois xa saiu o representante de Batasuna dicindo que ETA nunca atentaría contra obreiros e estudantes. E a breve pero impagábel imaxe de Acebes pedindo perdón a Batasuna e dicindo aquilo de "mata pero no miente".
O resto é como dis ti, pero o pior non é aínda a mentira, senón a cabezonería, a incapacidade castiza de recoñecer os propios erros. Como o golpe do Estado, a División Azul, os crimes do franquismo, a política lingüística (de exterminio).... E así seguimos.
Por certo, ten vostede recado para un meme no meu blogue.
Enviar um comentário
<< Home