Historias del Calcio
O xoves pasado acordei cedo para coller o avión cara Madrid. Alí, no tempo de lecer, aproveitei para ver a exposición de Centelles e ler ( sobre todo na viaxe de volta ) o último libro de Enric González: "Historias del Calcio". Agora xa sei moito máis sobre Italia e sobre o fútbol: sobre a arte e o caos. Excelente escolma dos seus artigos, lúcidos, irónicos e un chisco desencantados. Por certo, qué foi de Bojinov?
Volvín na noite: Fun unha centeava parte protagonista dun incidente non perfeccionado, segundo relata o Faro. Agora comprendo o que lle pasa a un piloto de avións de liñas comerciais que eu coñezo: Non vai de vacacións nunca moi lonxe: Négase a viaxar en avión agás ser el quen leve os mandos da aeronave.

Etiquetas: fútbol, literatura
2 Comentarios:
E eu pensando que a entrada ía falar sobre a leite enriquecida ou osteoporose.
Está convidado a un meme no meu blog. Pero, como alí digo, non está obrigado.
Enviar um comentário
<< Home