Xeografía do condón
No número de outubro-novembro da edición española da revista "Foreign Policy" , Miguel Fontes e Peter Roach asinan un pequeno pero interesante estudo sobre o comportamento sexual das persoas atendendo a distintas variables: nacionalidade, media de compañeiros sexuais, porcentaxe de relacións sen protección, promedio de penetración das enfermidades de transmisión sexual e idade media da primeira relación sexual. Asemade, tamén hai gráficas segundo o sexo, estado civil, nivel de renta e preferencias sexuais.
Todo en dúas páxinas grazas a un excelente deseño.
Como os interesados en todo o seu contido poden visitar o enlace, só subliño que en España a primeira relación sexual compártese aos 17 anos, un 25 % das persoas mantiveron relacións sexuais sen protección, un 5 % están padecendo algunha enfermidade de transmisión sexual e a media de compañeiros sexuais ao longo da vida é a de 6.
Curiosos datos.
Todo en dúas páxinas grazas a un excelente deseño.
Como os interesados en todo o seu contido poden visitar o enlace, só subliño que en España a primeira relación sexual compártese aos 17 anos, un 25 % das persoas mantiveron relacións sexuais sen protección, un 5 % están padecendo algunha enfermidade de transmisión sexual e a media de compañeiros sexuais ao longo da vida é a de 6.
Curiosos datos.
Etiquetas: sexo, xornalismo
3 Comentarios:
Os que fomos de tardíos espertares sempre nos deprimen estes informes. Aos dezasete.... si, quen me dera.
En fin, sempre che queda o consolo do mal perdedor: "vah, nesas cousas a xente minte moito".
A min desconcértame un pouco este gusto polas estatísticas espidas. A que conclusión pretenden chegar exactamente? Ademáis, se por exemplo contamos como relacións "sen protección" as das parellas que empregan a pílula ou as que queren ter fillos (que algunha hai) a cousa cambia bastante, non? Por outra banda, seis parellas sexuais parécenme poucas. Como contará a xente as parellas sexuais? Só se hai penetración, só se che gusta ou só se é parella formal?
Eu penso, Larvós, que nos non fomos d tardíos espertares senón que estabamos acorde cos tempos. Creo que agora acordan demasiado cedo.
Supoño, Raíña, que a xente constestou ao de parellas sexuais contando a xente coa que se deitou; as precisións non semellan importantes, ao fin e ao cabo, cada un resposta o que lle peta. Eu nalgunhas cousas estou por riba da media e outras por baixo - como todo o mundo, supoño.
En canto aos parceiros sexuais, eu son da opinión de Quico Cadaval, de escoller principalmente femias, de raza humana a poder ser.
Eu, máis que pensar que a xente minte moito coido que simplemente temos mala memoria.
Enviar um comentário
<< Home