Arquitectura en Vigo
A fotografía non é demasiado boa: mea culpa. Mais é suficiente para o que quero contar: Este é o meu edificio favorito de Vigo, en tanto en canto que máis representativo. Sito ao carón da rúa máis bonita de todo o noroeste peninsular - o Paseo de Alfonso - (Otero Pedrayo dixit), este edificio nado no derradeiro terzo do século dezanove como fachendosamente proclama,
leva en si toda a Historia de Vigo. Tres corpos ben diferenciados: baixo, parte central clásica, parte superior estilo vigués. O certo é que este magnífico edificio adoita pasar desapercibido, aínda que non sei se a causa é a harmonía do seu conxunto, a inigualable mixtura de estilos; ou ben a innumerable sucesión en rúas próximas de exemplares ben semellantes a este ( recomendo un paseo vagariño pola rúa Romil ).
Particularizando: encántame a textura da fachada dos andares superiores, merecendo ser subliñadas as xanelas de aluminio dos anos 70, ou os telladiños verdes de plástico da parte posterior.
Considéroo representativo porque en sucesivos estratos coñécese a evolución resumida da cidade, e reflicte todo o seu espíritu: individualista, alegal, sen prexuízos, vangardista, neoliberal.
Non é que eu sexa un home moi viaxado, pero dame na cachola que edificiones tan singulares coma este ( e os seus irmáns ) só poden estar en Vigo.

Etiquetas: arquitectura, Vigo
6 Comentarios:
Velaí está a arquitectura reflectindo un xeito de ser (ou non), de pensar (ou non), de progresar (ou non), de xestionar (ou non). Cóstame moito quererlle a esta cidade polas labazadas continuas á estética que ameazan de contino o sentido do bo gusto. ¡que razón levas! Edificios "eclécticos" coma este son un síntoma moi claro da confusión que reina na cidade olívica. Un caso de urbanismo demoledor que debería ser obxecto dun estudio detallado, e tamén sociolóxico.
Un estudio sobre as prolongacións en altura de case toda a cidade daba unha tese acolloante de Arquitectura. Ou dúas.
Non sei si Vigo ten moitas feituras de "sandwich" coma da foto. O certo e que polo xeral Galiza e os galegos hemos tido pouco respeto a arquitectura e o urbanismo. Os que non vivimos na terra e temos a sorte de viaxar, choramos cando o tornar vemos os desastres de vilas e cidades, que rouban o valor a una paisaxe única. ¿Onde quedou o gusto que pariu vilas e cidades do pasado?
O gusto quedou nas contas correntes dos promotores, e en menor medida, dos propietarios de leiras que foron recualificadas.
Acolloante: si, esa pode ser a palabra exacta. E mesmo poderían ser teses doutorais divertidas.
Vigo é un caos. Análise sociolóxica?: eu apunto un dato, Ana, que é o feito non dubidoso de que o poder real en Vigo está en mans de Citröen, os graniteros, do Porto e das empresas consignatarias... Os sucesivos alcaldes dende a época, cecais, de Vázquez Varela, realmente non mandan nada nadiña na cidade.
Suscribo as súas apreciacións.
Ademais, permítame engadir que artistadas de esa clase xustifican a carraxe que me enche cada vez que se asocia públicamente o feismo co rural.
Un saúdo.
É certo que hai feismo no rural, pero eu o asocio a dúas causas: falta de cartos dos propietarios - que deixan a medio facer as casas - ou ignorancia pomposa dos recén chegados a mellor fortuna ( os que intentan converter a súa aldea nunha réplica de Sintra).
O feismo urbán ten outra causa e máis grave: o peor pecado: a codicia.
Enviar um comentário
<< Home