26 outubro 2007

Centelles


Na terrible foto de arriba vese á muller do farmacéutico Pernau chorándoo logo de atopar o seu cadáver no cemiterio de Lleida o 3 de novembro de 1937, despois dos bombardeos fascistas do día anterior que estragaron a cidade e que deixaron unha morea de mortos, moitísimas crianzas entre eles.
Moitas outras fotos, algunhas delas tamén moi coñecidas, pódense contemplar na excelente exposición que o Centro Conde Duque de Madrid adica a Agustí Centelles, definido como o mellor fotógrafo de guerra que houbo en España, o Robert Capa do levante.
Documentais, obxectos personais e moitas fotografías abranguen a devandita exposición, absolutamente recomendable.

Etiquetas:

6 Comentarios:

Blogger R.R. said...

Terrorífico. Hai un libro, "Fotografía y Sociedad en la España de Franco", impresionante e máis que recomendable. O problema: que como todos os de fotografía, é caro. Este, se cadra, un pouco máis.

8:39 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Pois ese, como tantos outros, non subiu ós altares...Hai que ter sorte ata para que te maten.

11:44 da tarde  
Blogger bouzafria said...

É unha mágoa que sexan sempre tan caros. Debo recoñecer que unha das miñas exposicións favoritas foi a de Virxilio Vieites, o pai de Perello: gran fotógrafo.
Dubidaría eu da sorte de ese home: Matárono aqueles cos que simpatizaba.

3:33 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Non coñecía a este fotógrafo, hei de mirar algo del. A foto: sen palabras.

6:50 da tarde  
Blogger Ana Bande said...

Aproveitarei a viaxe a Madrid esta ponte para ver esta exposición.

11:31 da tarde  
Blogger bouzafria said...

A ver se lle gosta. Cóntenos á volta.

10:12 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home