06 junho 2007

O ciclo da vida

Hai unha semana entramos nunha Maternidade para coñecer a nova filla dunha amiga. Agora veño de ver no Campus Sur o retozo no céspede dunha parella de namorados. E onte, na Costa da Camelia, unha furgoneta dunha funeraria deixaba a súa desagradable mercancía.
E dentro de tres ou catro meses estarei de volta en maternidades, e no verán casarán namorados e cando toque -dentro de moito, espero- iremos de funerais.
E o sol volverá saír.

Etiquetas:

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

¡Eche o que hai...!
Non é fácil de entender, e menos de explicar, pero tampouco vale moito a pena esforzarse niso.
Carpe Diem.

2:00 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Un empresario dudaba entre contratar un matemático ou un filósofo para analizar un problema na súa compañía, ao final decideuse polo filósofo, cando lle preguntaron por qué, dixo que lle pedira menos, xa que se conformaba con lápiz e papel, mentras que o matemático tamén lle pedira unha papeleira.

http://www.youtube.com/watch?v=LU8DDYz68kM

9:39 da tarde  
Blogger bouzafria said...

Decátome agora que isto xa fora expregado por Miguel Hernández: as feridas da vida do amor e da morte.

1:07 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home