Lapsus manus
Escribindo un pequeno comentario nun excelente blog decátome posteriormente a súa publicación que incurrín nun lapsus non corrixido ao teclear: o resultado é unha verba similar á desexada, semellante a súa equivalente castelá, pero cun contido interior explícitamente sexual.
Cando cheguei a Compostela e vivía de aluguer na rúa Santiago de Chile co amigo que agora é profesor en Lugo, daquela estudante de Bioloxía, lera un artigo nunha das súas revistas especializadas, sobre o tema das causas das equivocacións. E contaba o propio caso do erro freudiano do autor do artigo que cando lle foi presentado un compañeiro de departamento - estimado polo o autor máis rival que colega-, no canto de respostarlle o típico "Please to meet you" díxolle "Please to beat you".
Aínda conservo os apuntamentos dunha clase de dereito penal: a do día onde nos explicaban a diferenza entre delictos e faltas. A solución, que ben podería ser calificada como tautoloxía dicía que os delictos son castigados con penas graves e as faltas con penas leves. Naquel serán, repasando a escrita da mañá, atopei: "Faltas: penes breves".
Curioso. ¿Estaría pensando eu en Beccaria?
Es coito opinións.

3 Comentarios:
Eu penso coma Borges: que as chatas melloran sempre o orixinal.
O usuario anónimo era o náufrago, que está torpe.
E deixan ver o pensamento agachado.
Enviar um comentário
<< Home