Pinochet e o Sergas
Escoito no coche a Radio Galega e din que Pinochet sufriu un ataque agudo de miocardio. Deduzo eu que como consecuencia da insuficiencia cardiaca pena agora cun edema pulmonar agudo. O dictador ten 91 anos: está morrendo de morte morrida cando se alguén merecía a outra era este individuo con moral de roedor.
Pero como quero ser boa persoa e non quero para ninguén mal algún, só desexo que sexa tratado igualiño que como tratan nos nosos hospitais galegos aos vellos de 91 anos que están a morrer:
a) Que se lle tomen constantes cada tres horas, e que se comprobe canto mexa, non vaia ser que teña mal os riles.
b) Que se lle fagan analíticas urxentes en cada quenda. Moi importante: pínchense as arterias, fáganse gasometrías, non vaia ser que o vello padeza unha evolución non desexada en calquer momento.
c) No terrible caso de que o vello quera morrer e teña unha parada cardio respiratoria, fágase a reanimación o tempo que sexa necesario, porque de seguro aínda non lle chegou o día de ir para alá.
d) Por suposto, o doente terá en todo momento conectada unha sonda nasogástrica.
e) En caso de padeceres dores físicos ou angurias ante o fin da vida se lle poderá pautar unha pequena dose de nolotil ou transilium cada 24 horas. Moi importante: Nunca se lle dará morfina, non vaia ser que nas horas que lle queden de vida se convirta en adicto aos opiáceos.
f) Se a ocasión o require poderáselle intervir cirúrxicamente.
g) Se como consecuencia da medicación prescrita por algún doutor irresponsable o moribundo está sedado recoméndase que se lle desperte de contado. Poderiamos perder algún importante pensamento do individuo antes do óbito.
h) Que pase as últimas horas no hospital, nunha habitación dobre. Na agonía, e para non incomodar moito ao vello da cama do lado, poderase instalar un biombo no medio.
Remato eiquí os meus mellores desexos para Pinochet. É unha mágoa que probablemente non haxa unha vida despois de esta. Eu sei quen merece ficar no inferno toda a eternidade.

5 Comentarios:
Xúntome neste momentos de dor contigo e tamén desexo para Pinochet o trato que recomendas.
¿Que ten vostede contra os roedores, señor Bouzafría?
Ás veces todos debecemos por ter crenzas no ultra-mundo para que tipos coma este ocupen o seu desgrazado lugar. En calquera caso, a historia xa o ten posto no inferno. E el sábeo.
Os roedores - penso nas ratas - danme moito noxo e medo. Os mesmos sentimentos que me provocaba o agora xa morto dictador. Este fulano era moito pior.
As fotos de Pinochet co Papa Xoan Paulo II sorrindo foron penosas. Pero é o bo da única relixión verdadeira ( na que non creo, por certo): confésaste xusto antes de morrer e líbraste de apandar no inferno.
O que eu espero, sen ilusións, e que a xustiza siga, e que polo menos as víctimas recuperen os cartos roubados polo sedicente criminal.
Ilusións: non teño; basta comprobar como a estrela dun programa da televisión pública española é a neta doutro xeneral golpista, que vive das rentas do que o avó tamén roubou.
A ver se aprenden algo e fan xustiza moito antes cá nós, que 70 anos despois comezamos a reivindicar a Memoria.
Enviar um comentário
<< Home