11 janeiro 2007

A pelota vasca

Onte pola noite, canso pero ilusionado, decido remexer a videoteca na procura de algo interesante para pasar o tempo. Atopo "A pelota vasca; a pel contra a pedra", do palindrómico Medem. E non gasto o tempo, senón que o aproveito.
É un documental absolutamente necesario nos tempos que vivimos, honesto, intelixente, valente. Coincido cos seus plantexamentos e marabíllome con algunhas esceas do mesmo. A artificiosa polémica creada no seu nacemento só retrata a estupidez dos pequenos censores.
Destaco das opinións alí expresadas as intelixentes verbas de Eduardo Madina, Antonio Álvarez Solís, Iñaki Gabilondo, Txema Montero.
Quédanme moitos que subliñar, pero valen ben como pequena mostra da sensatez na cerne da dor.
Só desexaría que esta fermosa película documental fora emitida en prime-time un día destes. Aprenderiamos todos un pouquiño.

6 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

¿Atreveranse?

7:54 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Bouciñafría: temos moito en común. Ademais de BACH...Xulio Medem é o meu cine, vin todos os seus filmes, mil veces e unha. Todo nel me alucina, e "A pelota vasca" é un documental político que ten poesía e esta pragado de sutilezas e mensaxes subliminares que hai que saber ler.
Un bico Medeniano a ritmo de Bach
Yoli
moralla

9:21 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Sería unha cousa chea de sensatez que a botaran na tv para que axudase a apagar o lume da crispación que están a prender os catros gurús de sempre

9:57 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Non sei se a porán,- deberían- pero é un documental (si, cheo de poesía e música que dan unha mensaxe inequívoca)que vai dirixido á intelixencia dos espectadores.
Pode que a súa emisión xusto agora servira para que a caverna voltara a amosar a súa indisimulada faciana, montando o conseguinte pseudoescándalo.

12:41 da tarde  
Blogger A Raíña Vermella said...

Polo que se está a ver ultimamente, semella que non interesa que ninguén saiba nada, nin profundice en nada, senón só que nos agarremos aos tópicos, aos lugares comúns e ás simplificacións máis demagóxicas. Debeu ser por iso que se montou a que se montou con este filme no seu momento.

6:31 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Ai mimá, que puntería teñen algúns comentaristas blogomilleiros. E canto traballo custa atopar opinións semellantes nos grandes medios, ¿non é?

10:29 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home