Seu
Logo de moitos anos sen entrar, volvo á cafetería "Club Universidade", coñecida aínda agora cun nome de ecos falanxistas: SEU. Como está diante da Facultade de Dereito, durante un tempo fun cliente habitual, e alí almorzaba bocadillos quentes de xamón york e queixo. O mobiliario trocou completamente, pero nunha parede segue a mesma foto que estaba daquela: Os doce xogadores do Club Baloncesto Obradoiro. Alí está o meu mestre no baloncesto: Augusto de la Concepción, e tamén o pivot Alberto Abalde - pai agora dunha rapaza boísima -, ou o base Aldrey.
Fíxome noutro individuo excesivamente musculado e sóame a cara. Xa o teño: Lete Lasa, o anterior Director Xeral de Deportes na etapa do P.P. Outro político merecente da clásica frase que Juan Carlos I dedicáralle a Arias Navarro: "Desastre sen paliativos".
Fíxome noutro individuo excesivamente musculado e sóame a cara. Xa o teño: Lete Lasa, o anterior Director Xeral de Deportes na etapa do P.P. Outro político merecente da clásica frase que Juan Carlos I dedicáralle a Arias Navarro: "Desastre sen paliativos".
4 Comentarios:
por asociación de ideas:
Como se chamaba o mítico pivote centroafricano do Clesa Ferrol?
Supoño que se refire a Anicet Lavodrama. Que espectaculares xogadores había nesa época: Nate Davies, Essie Hollis. Pero o meu preferido era un xogador moi sobrio: Brian Jackson, do Magia de Huesca e o Real Madrid.
Por certo, os meus futbolistas favoritos neses anos: Lauridsen e Zamora, do Espanyol e Real Sociedade respectivamente.
E ciclistas, fora Pino e Perico Delgado por cuestións obvias: Raimond Dietzen, do Teka.
Para cando ese partido de básquet do blogomillo? ;-)
Unha moi boa idea... aínda que un só chegue para xogar dez minutiños.
E coa vantaxe de necesitar non demasiados xogadores.
Enviar um comentário
<< Home