O clero na literatura popular galega
Un pequeno libro magnífico que hai máis de vinte anos estivera na casa dos meus pais, e despois desapareceu, cecais no faiado logo dunha mudanza ou na casa dalgún irmán.
Recollía pequenas cantigas e poemas do noso país onde os protagonistas eran os cregos, frades e monxas. Tíñalle eu moito cariño, non só polas picardías dos textos, senón porque unha boa porcentaxe dos versos procedían de Velle, ao mellor procedentes da magna obra de Cuevillas, Xocas e Hermida.
Busqueino por librarías e non está, desapareceu descatalogado.
Lembro que os autores facíanse chamar "Equipo A.P." No limiar explicaban que eran os irmáns Alonso Pimentel, e pasado o tempo souben que eran os fillos do profesor D. Xesús Alonso Montero.
Pasaron os anos e en Santiago de Compostela, nunha época, acompañoume como banda sonora da miña vida a música de Pimenteira: Cuchús Pimentel e Marcos Teira. Non sei se Cuchús foi un dos recopiladores do excelente libro do título, ou simplemente irmán dos autores. De tódolos xeitos, o meu agradecemento.
Agora volta á primeira liña Cuchús: Vaia barullo hai no Parlamento pola versión flamenca do himno. Eu respecto as versións, e máis aínda vindo de quen ven, pero iso non me impide expresar que sen dubidar da calidade que se lle supón,- que non estou preparado para examinar-, paréceme improcedente o que ven de acontecer alí: A irritante señora Villarino volve facer gala de pouca sensibilidade e aínda menos flexibilidade - agás o referente aos estipendios. Coido que non era o sitio nin o momento para facer unha versión flamenca do noso himno: é máis, paréceme tan absurdo o caso que provoca involuntarias gargalladas, e volve demostrar, unha vez máis o excelentísimo inmenso talento - e non só premonitorio - de Quico Cadaval, Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo e Piti Sanz en Sempre ao lonxe.

4 Comentarios:
Totalmente de acordo con que ti expos, non era o momento nin o sitio para facer versións do himno. E moito menos se o feito se "perpetou" polo capricho da sra. Villarino. Non creo que o himno duna nazón merezan máis ou menos rispeto que outras músicas pero aínda que sexa so por protocolo...
Ben, do tema da flamencada xa dixen abondo no blog, de todos xeitos eu creo que o mellor xeito de enfrontar as provocacións e ignorándoas ou pagándolles coa mesma moeda. "Protestar" por unha versión flamenca, por desafortunada que fose, non é serio nen digno dun partido do século XXI. Xa hai simpatizantes que os acusan de "xenofobia" e prexuizos e é normal. E é que para algunhas cousas non parecen galegos, coa propaganda da retranca que ten feito Castelao.
Por outra banda o momento e o lugar si que foron desafortunados, eu creo que unha marsellesa en versión flamenca, por exemplo, sería aplaudida salvo nunha data tan importante como a inauguración dun ciclo político ou o aniversario da constitución.
A min o libro dos cregos si que me faría graza atopalo, dos fillos de Alonso Montero só coñecía ao músico e non sabía que fixesen algún outro tipo de actividade cultural.
Quero desexarche unhas boas festas anque teñas que ver algún cura diante, he, he.
Xa puxen unha ligazón do teu blogo no meu que, non sei polo que, escapaches sempre ás miñas actualizacións de ligazóns.
Boas festas, amigos. Poñéndome ao día despois das "datas sinaladas" e antes das que van vir, decátome que efectivamente unha ampla maioría das opinións van no noso vieiro: Non era o lugar nin o momento, cousa que a min paréceme simplemente de sentido común.
Por outra banda, non, non estiven diante de cura algún nestes días. Pero o serán de onte paseino levando aos rapazolos a ver "nacementos" por Vigo adíante: Asilo, Fogar San Rafael, unha parroquia de Coia con pinta de ser do Opus ( seica en Coia hai outra xusto todo o contrario), e o Colexio Fogar San Roque, onde meu irmao pasou centenares de horas da súa vida iniciándose no fútbol.
E se ben eu non teño sentido algún de trascendencia nin penso que hai vida despois de esta, e penso que as accións da xerarquía da Igrexa católica son a cotío auténticos disparates, debo recoñecer a miña máis profunda admiración e homenaxe emocionada ás vellas monxas que se ocupan no asilo dos anciáns un pouco máis velliños ca elas, e sobre todo, aos relixiosos que levan o Fogar San Rafael e coidan, educan e preparan para a vida ás persoas con discapacidades psíquicas.
Non quero pensar que sería de tanta xente con síndrome de Down e outras minusvalías se esta xente deixara de ocuparse deles.
Enviar um comentário
<< Home