13 dezembro 2006

IV Torneo xadrez memorial Guillermo Domínguez





Organizado polo Club Nemenzo coa colaboración do Clube Xadrez Algalia.
"O xadrez compostelán lembra cada ano ao noso compañeiro Guillermo Domínguez, co torneo que leva o seu nome. En 2006 acada a cuarta edición, e rexerase polas seguintes bases: O torneo xogarase o sábado 16 de decembro na Casa de Europa - Parque de Vistalegre, Rúa Salvadas, sn de Santiago de Compostela -, e comezará ás 10:45 horas.
As partidas terán unha duración de 15 muinutos para cada participante. Haberá unha comida conxunta para o que o desexe e logo continuarase pola tarde. Xógase polo sistema suízo, a 7 roldas. As persoas que compitan poden facelo individualmente ou en relevos con cantas desexen; é dicir, para completar as 7 partidas poden sucederse 7 xogadores, que comunicarán a circunstancia no momento de dar o resultado.
De acordo coa idea do propio Guillermo, neste torneo está permitido desenrocar e, logo de o facer, enrocar para o lado contrario. No sistema de desempate, terá prioridade o número de desenroques realizados. As inscricións individuais e as de relevos poden realizarse no teléfono 670 628 568 ou no correo electrónico arietnemra@yahoo.es, ou no mesmo local de xogo, o día do torneo, a partir das 10:00.
Premiarase con libros aso primeiros clasificados."

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo said...

Guillermo Domínguez deume clase na facultade, recordo que un seminario sobre o Tractatus Logico-Philosophicus de Wittgenstein. Aprendemos moito con el. Unha ledicia velo aquí, na foto.

8:35 da manhã  
Blogger bouzafria said...

Esta foto foi tirada nunha viaxe que fixemos a Linares e Granada, para ver o torneo internacional de xadrez e as súas posesións, respectivamente (Guillermo dicía que era o propietario da Alhambra). Tal e como escribiu Savater no prólogo do libro póstumo de Guillermo, agora, pasado o shock da súa morte, cada vez que o lembramos aparece un sorriso nos nosos beizos.

4:23 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home