Milagre en Milán
Ese é o título (Miracolo a Milano, 1951) dunha marabillosa poesía feita celuloide, realizada por Vittorio de Sica cos cartos obtidos con "Ladróns de bicicletas" (Ladri de biciclette, 1948).
Ao final da película os habitantes do bidonville, da favela milanesa, saen todos xuntos surcando os ceos montados en vasoiras voadoras. Linlle a Romá Gubern a historia dun malintencionado xornalista que lle preguntou a de Sica cara onde ía ese xentío desfarrapado, se para o leste ou para o oeste.
Respostoulle de Sica que iso non importaba, que o importante era que todos decidiran voar xuntos.
Desexo, para o ben de tódolos galegos, que o vindeiro 4 de decembro, ao remate da Asemblea Nacional se poida dicir o mesmo: que decidiron ir todos xuntos.

0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home