Amendoados e Cocadas... segundo Queneau e Perec
Amendoados:
Trescentos gramos de azucre moreno
Trescentos gramos de améndoa
Tres claras de ovo
Unha culler de canela
Obleas.
Mesturar e remover ben todo menos as claras de ovo. Botar as claras e remexer ata acadar unha masa homoxénea.
Colocar bolas un pouco aplanadas soble obleas ou papel de forno, cun afastamento prudente, para que non se xunten.
Fornear a douscentos graos uns setecentos segundos.
Cocadas:
Cen gramos de coco ralado
Cen gramos de azucre branco
Catro xemas de ovo.
Mesturar ben o azucre e o coco mentres se fornean os amendoados. Botar as tres xemas que sobraron dos amendoados e mesmo outra, e remover ata que fagamos bolas compactas.
Colocar de modo semellante aos amendoados e fornear outros setecentos segundos.
Notas baseadas nun caderno de sobremesas elaborado por mestres de Compostela, dun Centro do Campus. Estas dúas: Paulo Porta. E por suposto, en Mofa e Befa (segundo Álvarez Cáccamo)

3 Comentarios:
Agradécense estas receitas! Ai que me entra a fame...
saúdos
Veña logo: a xantar, pero non coa boca pequena.
Si, lin e rin: rikisimis.
Enviar um comentário
<< Home