Zeca Afonso e Diamantino
Hoxe é 25 de abril.
Teño especial devoción polas historias de futbolistas. Onte, no xornal "El pais" podiamos ler as andanzas dun xogador para min descoñecido: Ezio Vendrame. Son míticas as lendas verso Garrincha. Unha canción estupenda de Jorge Ben: "Fio Maravilha" adícase a outro dianteiro. Ou as maledicencias que se contaban de Pahiño, o Pichichi co Celta que tiña a ousadía de ir as concentracións con libros: marmurábase que o viran con "Crimen e Castigo".
Pero hoxe é 25 de abril.
Cando teñades a ocasión de asistir a algunha das actuacións de Carlos Blanco, pedídelle que conte a emocionante historia do futbolista Diamantino Miranda co Zeca Afonso.
Non vos arrependeredes.

3 Comentarios:
Moi boas suxestións. Onte a miña muller estivo en Oporto e festexaron o 25 de Abril con todo o sentido do mundo. Unha data para non esquecer.
Por certo, lembro do Porto unha libraría marabillosa, cunha escaleira no medio, perto da Torre dos Clérigos. Esquecín o nome. Esperemos que non peche (hoxe tamén se fala diso).
Pois si que era ousado o Pahiño, con libros e futbolistas...
Enviar um comentário
<< Home