Afeccións
Non vou ser eu quen critique as afeccións alleas, por moito que a min non me gusten. A fin de contas, qué lles pode importar aos demáis as miñas opinións; do mesmo xeito que a min non me importarían as críticas sobre se eu gosto do cine, teatro, xadrez, fútbol ou os balnearios do Mar Morto. Dito o cal, non deixa de admirarme as afeccións nada baratas que teñen os ricos, e para min a máis extravagante é a de botar tiros aos animais.
Temos eiquí a clasificación dos dez mellores trofeos de caza en España en diferentes animais. Qué ilustres apelidos conforman a táboa: qué toureiros, qué monarcas, qué Presidentes da Xunta de Galicia, qué vicepresidentes do Real Madrid, qué Dirección General de Medio Ambiente, qué Sociedades Anónimas, qué fillos de Presidentes do Goberno.
Ole, ole y ole.
2 Comentarios:
con seguridade débese a que non o entendo, pero a min o asunto da caza seméllame un pesadelo. E os seus protagonistas, o mesmo.
Eu tampouco o entendo, nin gañas que teño. É máis, coido que é algo snob.
Enviar um comentário
<< Home