Lembranzas do Primeiro Curso
Volvo ler novas acerca de Juan Casares, outrora presidente de "Nuevas Generaciones del PP". Eu coñezo a este Casares dende hai moitos anos, cando os dous - el é algo maior ca min -, coas nosas respectivas pandillas, iamos ás mozas pola zona do Areal. Eu baixaba no Dyane 6 do pai de Manolo ou na burra de Javi, como paquete. El aparecía moitas veces nun Porsche.
Notábase que Casares era de familia rica: non só polos coches, senón pola súa natural simpatía displicente coa plebe, ou porque con dezaoito anos levaba o cabelo engominado.
A min gostábanme de Casares dúas cousas: as súas amizades con xente que vivían como reis: os xogadores do Celta e os seus compinches: o agora concelleiro Figueroa, Alvelo, Maraver, Mercader, Arteaga, Maté...; e sobre todo, a súa capacidade para namorar unha preciosidade morena que adoitaba estar a carón del, tendo como tiña eu - e recoñezo que non trocou nada - un concepto de Casares non precisamente positivo.
Pasados un par de anos volvinmo atopar nos primeiros días da miña vida en Compostela. Era posiblemente o único engominado entre cincocentas persoas no primeiro dia de Universidade, na primeira hora: clase do cuñado de Fraga: Francisco Puy Muñoz, Dereito Natural.
Días despois foron as votacións para elixir delegado de clase, previa breve campaña electoral. Lembro a tres aspirantes: Unha rapaza que agora é xuíz sustituta, que instaba a que a clase tiñamos que ir "vestidos correctamente", o ínclito Juan Casares - non lembro nada interesante que dixera, mais si o rumor desaprobador que saía de nos, a chusma -, e un venezolano alto e loiro, que dixo que estaría disponible para todos nos a calquera hora: razón: a cafetería do lado, o SEU. Por suposto , o venezolano saliu escollido. Dubido que Casares sacara outro voto que o seu propio.
Aquel foi a última vez que eu vin a Casares na Facultade.
Naqueles anos que alí principiaron para min volvín corroborar algo que xa experimentara en COU: estudiantes excelentes axudando aos menos capacitados. Os tres mellores compañeiros meus daquela, os máis brilantes, resultaron ser marabillosas persoas. Curiosamente os tres, ao rematar a carreira ficaron vencellados á Universidade como profesores. Eu estudie o 90% das asignaturas cos apuntes fotocopiados de Ana Díaz Martínez, agora profesora de Dereito Civil na USC. Persoa estupenda. Un tipo magnífico é tamén Jaime Cabeza Pereiro, agora profesor de Dereito Laboral na Univ de Vigo. E un compañeiro excelente e sobranceira persoa tamén é Carlos Aymerich Cano, que supoño que terá suspendida as súas clases de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña mentres teña responsabilidades na cousa pública.
Con Jaime descobrín despois amizades comúns en Vigo, no Instituto Femenino, en persoas que querían facer teatro. Os obxectivos lúdico festivos de Carlos e máis os meus ían dirixidos ao persoal do Instituto do Calvario. Foron tempos para nos luminosos, de iniciación ao mundo, noites enteiras charlando nos barracóns do Burgo das Nacións, de festas en pisos alugados... Asignaturas ridículas, profesores ridículos que obrigábannos a mercar libros ridículos.
Comparo a traxectoria do neno rico Juan Casares e a de Aymerich, poño por caso, e síntome orgulloso de ter escollido ben na vida aos amigos.

0 Comentarios:
Enviar um comentário
<< Home